A Gandaina

Asociación Cultural e Grupo de Danzas e Gaitas “A GANDAINA”

 

A Asociación Cultural e o Grupo de Danzas e Gaitas “A GANDAINA” de Palmeira, xorde como tal no ano 1986 como grupo da “Sociedad Hijos de Palmeira”, da que máis tarde se separaría facéndose grupo independente e marcando a súa propia traxectoria constituíndo a súa propia asociación cultural en agosto do ano 2000.

No ano 2011 a Asociación Cultural «A Gandaina» estaba formada por uns 60 alumnos dirixidos na sección de baile e danza por Eva López Ríos, licenciada en INEF, especializada en baile; na sección de gaitas e percusión por Paulo Chouza Noal, compoñente do grupo Arume de Boiro, e na sección de pandereteiras e canto tradicional por Adriana Villaverde Crespo.

Nesa época, dentro da asociación existían tres grupos distintos como eran:

  • O orixinal Grupo de Danzas e Gaitas “A Gandaina”.
  • Grupo Tradicional “O Pichote”.
  • Grupo de Pandereteiras e Cantareiras Tanxedoira”.

O grupo interpretaba Muiñeiras, Xotas e Danzas típicas galegas, lucíndose nas mesmas diversos traxes (confeccionados á man) que reflexan a gran variedade e contrastes das diferentes zonas do país galego; todo acompañado pola música que aportaba o grupo de gaitas e panderetas dirixido por Paulo Chouza. O grupo interpretaba tamén diversas alboradas en distintas localidades da comarca.

A palabra GANDAINA, quere decir “ ruido que fai a xente cando se divirte nunha festa ou romería”, isto é “ festa ó grande”, e isto é o que o grupo pretendía lograr alí por onde iba.

As actividades principias do grupo eran:

  • Clases de baile tradicional
  • Clases de gaita e percusión
  • Clases de pandereta e canto

Tamén organizaban viaxes, festas, actuacións, festivais, rifas e outros proxectos como concertos didácticos, etc. que facían de «Gandaina» toda unha experiencia para medrar e aprender a convivir.

A Asociación Cultural ‘A Gandaina’ tiña as súas oficinas e ensaios na Casa do Mar de Palmeira e tamén tiña unha páxina web, en www.gandaina.com, recuperada aquí en http://eradixital.com/epalmeira/a-gandaina, onde se poden ver máis detalles sobre o grupo, fotos, videos, e unha lista das actuacións e representacións máis importantes ao longo da súa historia.