Por qué a xente de Palmeira lle chaman «ronsadores»?
Cóntanlle os máis vellos aos máis novos, o que a día de hoxe xa é unha lenda popular, que a igrexa de Palmeira fai moitos anos estaba na aldea de Sampedro. Pero como o núcleo de Palmeira crecía arredor do porto, e os mariñeiros que vivían no porto tiñan a igrexa tan lonxe, un día decidiron traela maís preto deles. Din que se xuntaron unha noite escura sen que ninguén os vise, e empuxando entre todos chegaron a ronsar a igrexa, ata traela a onde está hoxe. Dende esa aos de Palmeira chámannos «os ronsadores».
E que hai do burro que subiron ao campanario?
A xente de Palmeira, como é tan práctica, un día decidiron que para cortar a herba que crecía no tellado da igrexa podían subir un burro para que a comera. Como non cabía polas escaleiras decidiron izar o burro ata o alto do campanario polo pescozo. Dín que o pobre burro xa non chegou a disfrutar da herba.
Debuxo de Maite aló polo ano 2002.
DATOS/BIBLIOGRAFÍA DA ORIXE:
Recollidos do portal de ditados tópicos galegos do Instituto da Lingua Galega (USC).
N.I: Información sobre a orixe: «Si, é curioso que hai bastantes lendas da traslación de igrexas; na ría de Arousa, por exemplo, teño recollido algunhas que falan de que as vilas mariñeiras antes eran aldeas de labradores que, cando se fundaron na orela do mar, trasladaron literalmente as igrexas. É o caso de Palmeira; un dos nomes polos que os propios veciños se autodenominan é os ronzadores, narrando como fixeron para levar a igrexa ata o asentamento mariñeiro.» (Manuel Gago).
En http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/10/29/densidade-cultural-en-san-mamede-do-castro/comment-page-1/#comment-144871 (Véxase tamén o dito na ficha recollida en Palmeira).
N.E: Según versión antigua, dos hombres de Palmeira, en estado de embriaguez, quisieron trasladar (ronzar) de lugar la iglesia empujándola. Sacaron las chaquetas y se pusieron manos (léase hombros) a la obra. Pasó por allí un chusco y se llevó las chaquetas. Cuando nuestros hombres, luego de empujar un rato, notaron en falta las chaquetas, dijeron: -Vamos bien, ya no se ven las chaquetas. Desde entonces reciben el nombre de ronzadores los habitantes de Palmeira, por este hecho. (Véxase tamén o dito na ficha recollida na Pobra do Caramiñal)