Palmeira. Palmeira Virtual é un proxecto vivo, cambiante e sempre incompleto. Iremos añadindo contidos e actualizando a páxina a medida que o tempo nos permita... Si tendes contidos, correccións, cambios, ideas, colaboracións, suxerencias, por favor poñerse en contacto...

Expo Eclesiástica 2008

Alá polo ano 2008 oito catequistas da parroquia de Palmeira levaron a cabo unha curiosa iniciativa que elas mesmas lle propuxeron ao cura Ricardo Villaverde. Unha exposición conxunta con obxetos relixiosos da mesma Igrexa e dos propios veciños. Durante dous meses Betty Gago, María Gago, Encarnita Paz, Ángeles Pérez, Encarna González, Mª José Prego, Dina Millán e Chefa González dedicáronse a recopilar entre os veciños imaxes relixiosas, libros, elementos de culto, fotos e outros obxectos que poidesen expoñerse na Casa Rectoral. As promotoras desta idea non solo lle dedicaron tempo a elaborar a mostra, tamén atenderon as visitas.

Naceu así a idea de que Palmeira reivindicase un museo para a súa colección de arte sacro e darlle uso o local da nova Rectoral. Este artigo de El Correo Gallego do ano 2010 resume un pouco este esforzo e iniciativa.

https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/palmeira-reivindica-un-museo-coleccion-arte-sacro-ADCG614730

No ano 2008 fíxose esta primeira Exposición Eclesiástica na Casa Rectoral de Palmeira. Aquí tendes as fotos que documentan este evento.