Palmeira. Palmeira Virtual é un proxecto vivo, cambiante e sempre incompleto. Iremos añadindo contidos e actualizando a páxina a medida que o tempo nos permita... Si tendes contidos, correccións, cambios, ideas, colaboracións, suxerencias, por favor poñerse en contacto...

Historia

A espera de que alguén que sepa me faga un pequeno resumo da historia de Palmeira, unhas precisas e bonitas pinceladas que digan quenes fomos e de onde vimos, e quenes somos e a onde imos, para poder publicar aquí, eu boto man de momento do mismo texto usado na PalmeiraVirtual orixinal, texto extraído dunha tarxeta postal enviada pola Caixa de Aforros de Santiago nas festas do nadal e aninovo do 1979, de autor descoñecido para min.

 

HISTORIA
________________________________________
A Ría de Arousa, a meirande das galegas, aparece coroada pola beleza de numerosas vilas ca rodeian, ollándose no espello duradeiro das augas craras do Oceano. Nun dos rincons mais xeitosos está San Pedro de Palmeira, que se espalla ao longo do porto, no fondo da pequena ensenada, dende a punta de Cornas deica a Pedra de Grades.

A sua situación na Península de Barbanza, bisbarra chea de restos que falan de civilizacións pretéritas, evocadas ainda hoxe polos aituales nomes de muitas das suas vilas, lévanos a pensar en asentamentos devandeiros de outros grupos humans. Nembargantes, o mais primitivo nucleo deste burgo mariñeiro, non se perde na inquedante oscuridade do pasado, a pesare da falla de testimuñas escritas.

As primeiras novas documentaes datan do século XIII pra nos dare conta de D. Rodrigo de Palmeira, troveiro oriundo desta terra, que morreu ca diñidade propia do mundo trovadeiro, acendido de amore por unha dona. Habían de pasare séculos, deica o ano 1607, data na que D. Xeromín de Hoyos, na sua visita ao Arcebispo de Santiago, describe brevemente a Palmeira: «Ista eirexa é porto. Ten coma 72 ferigreses, os 32 mariñeiros e os 30 labregos». A actividade da xente, polo tanto, repartiase caseque pola par intre os cereales e o polvo, o campo e a mar.

Vistas parciales de Palmeira pre-1979



Nembargantes, na primeira mitade do século XVIII, acentuase unha maior adicación a pesca, sin se abandoar totalmente as labouras agrícolas. Escomenza deste xeito unha época de xurdimento cun prometedore lanzamento económico pola comercialización dos productos do mar, mais aló ainda das fronteiras da Galicia, e pola instalación, na terra, de fábricas de salazón e industrias auxiliares.

Co auxe económico iniciase unha expansión da vila, dende aquel núcleo primixéneo de San Pedro que chega deica os nosos días pra nos dare a aitual configuración da vila. Nela, o mar e terra, están entrañabelmente misturados e fondamente humaizados nas modernas e ledas casas que se espallan polo chá ou descenden polas estribacións. Tal adicación ao mar, coma aitividade primordial, deixou a sua impronta en Palmeira, xubilosa e folgueira. As tradicións, as costumes, o folklore, funden as suas raices no pasado e siguen mantendo as relacións cas vilas viciñas, as reunións, as festas.

Mais a pesare daqueles fulxintes escomenzos dezaoiteiros, non sempre correron ventos favorabels pra vila. O control da principal aitividade por uns poucos e, adoito de fora, fixo cos nados tiveran que redoblare os seus esforzos nunha ardega loita polo sobrevivire e por percurare o progreso. Lastro tan zoupón impediu unha reconversión e renovación técnicas da flota, das fábricas, o que provocou que moitos palmeirenses labourosos e humildosos, malencúnicos e realistas, soñadoures e prácticos, tiveran que emprendere o camiño da emigración, coma si estiveran avocados a continuare a vocación viaxeira dos nosos antepasados os celtas. Aló, na emocioante lembranza do seu pobo nadal, naceu a «Sociedade de Fillos de Palmeira». Institución con cobizosos proieutos culturaes, moitos dos cales son xa unha realidade. Namentras os que quedaron plantexanse o facere de acotio, con tenacidade e ilusión.

Uns e outros, forxados no sacrificio, sinten arruallo dun pasado común e pensan no porvir do pobo. A unidade de todos é a millor garantía de continuidade no desenrolo xa escomenzado, deica alcanzare a prosperidade que se adiviña na modernizada aitividade da vila.

Deste xeito son Palmeira e as suas xentes. Mañífica síntesis de paisaxes montañosos, horizontes de Ría e viva aitividade.

________________________________________
*Texto extraído dunha tarxeta postal enviada pola Caixa de Aforros de Santiago nas festas do nadal e aninovo do 1979. Si alguén ten máis información sobre o autor, por favor comuníquense comigo a través de «e-mail».