Palmeira celebra moitas festas ao largo do ano.
Moitas destas festas son relixiosas e ocúpanse as diferentes cofradías parroquiales formadas por familias de Palmeira que cada ano organizan as festas homenaxe a cada santo ou santa na data sinalada. Destaca entre estas a celebración do Santísimo, cas súas alfombras floreadas percorrendo varias partes do pobo. Deixo aquí un enlace publicado no 2009 que fala precisamente das cofradías para aqueles que precisen mais información: «La parroquia de Palmeira tiene 7 cofradías muy activas»
Aparte destas festas e outras festas e actividades relixiosas, destacan outras festas e celebracións como As fogueiras de San Xoán, ca sua Sardiñada, A festa da empanada (que deixou de celebrarse fai uns anos xa), A festa do Polbo, O Entroido e o Felipe (con Murgas incluidas), desfile de Reis Magos rematando con chocolatada, e outras que me poidan quedar no tinteiro. E como non as populares Festas do Verán. De varias destas actividades encárgase a Comisión de Festas de Palmeira. Desde aquí o noso agradecemento a toda esa xente que forma ou formou parte da Comisión a través dos anos pola sua labor.
No Colexio de Palmeira e outros tamén se celebran e intentan recuperar para os mais cativos e cativas tradicións populares que iban quedando no esquecemento como o Samaín, o Magosto, o Apalpador, as Letras Galegas, o mesmo Entroido, e pode que algunha máis que me quede por ahí. Para máis información nestas actividades podemos ver os enlaces do colexio: CEIP Plurilingüe de Palmeira, ou mergullarnos na revista «TIXOSA» que publican anualmente no colexio facendo crónica destas e outras actividades nese mesmo enlace. Aquí vos deixo tamén un enlace de arquivo de edicións anteriores: Biblioteca de Revistas «Tixosa» do CEIP de Palmeira.
A continuación deixovos estas fotos da páxina 3 dos libros de festas do 2004 e a máis actual do 2023 a día deste escrito, co Saúdo e as formacións da comisión de festas neses momentos. Incluimos a do 2004 polo interesante do contido. Tamén deixamos o último cartel de festas.