Aquí vos deixo unhas interesantes pinceladas sobre este apodo que recibimos os Palmeiráns. De todas formas ler ata o final da páxina onde vos deixo o artigo de Pepe Castrelo (Xosé Álvarez Castrelo) «O apodo de magorrentos» publicado no 1996 no Correo Gallego.
De onde ven o alcume de Magorrentos?
Recollemos estes datos do portal de ditados tópicos galegos do Instituto da Lingua Galega (USC).
N.E: Magarrentos quiere decir que andan entre «magas» (tripas) de pulpo.
CANTIGA: Magarrentos de Palmeira, / pelados son os da Vila, / pra cantar e bailar / !vivan os de Santa Uxía!
VARIANTE: Magorrentos de Palmeira, / pelados de Santa Uxía, / pra cantar e bailar / !vivan os da nosa Ría!
Que contan os máis vellos?
Eu sempre oíra que aos de Palmeira nos chamaban Magorrentos porque eramos especialistas na captura e limpeza do pulpo (polbo).
De feito disque se decía incluso máis alá da nosa Ría que cando algún mariñeiro non collía pulpos lle decían que tiña que ir aprender e afinar a liña en Palmeira.
Por outro lado disque de Palmeira salían tantos pulpos que dicían que unha moza para aprender a limpalos tiña que pasar primeiro por Palmeira.
Unha visión desde fora:
Según a Real Academia Galega: magorro = Conxunto de intestinos do polbo.
Está claro que aos de Palmeira non nos gusta o térmo usado como algo despreciable, asqueroso, sucio, como o magorro, pero os alcumes é o que teñen, usanse casi sempre de forma despectiva:
No 1929 no Boletín Mensual da Cultura Galega «Nós», concretamente no Número 70 (Tomo 6), escribía F. Bouza Brey o seu artigo «Encol da Voz Magorrento» (páxina 15). Podedes ver o pdf completo nese enlace anterior.
Reproducimos aquí solamente a foto desa páxina en concreto, acompañado dun gráfico toponímico de culturagalega.org:
Que din os que máis saben?
De todas formas eu personalmente quédome con este artigo de Pepe Castrelo (Xosé Álvarez Castrelo) «O apodo de magorrentos» publicado no 1996 no Correo Gallego.