Palmeira. Palmeira Virtual é un proxecto vivo, cambiante e sempre incompleto. Iremos añadindo contidos e actualizando a páxina a medida que o tempo nos permita... Si tendes contidos, correccións, cambios, ideas, colaboracións, suxerencias, por favor poñerse en contacto...

Arte

Ben sabido é que Palmeira é rica en literatura. Ahí están todos eses escritores/as que nos deleitan ca súa arte escrita. Pero en Palmeira abondan outros artistas con outros dons e artes tal vez menos populares ou menos asequibles para o conxunto das masas. Certo é que un libro reproducese fácilmente para que todos aqueles que queiran disfrutar dél poidan facelo por un precio asequible. E así é como os nosos artistas da literatura poden entrar en moitas casas de Palmeira para que logo falemos das súas obras.

Menos doado é para un escultor/a, pintor/a, etc. xa que as súas obras son únicas e solo as podemos ver en exposicións temporalmente para contemplalas durante uns minutos, agás aqueles que as mercan e se fan donos delas, por un precio bastante menos asequible que o de un libro. Non deixa dúbida o porqué do valor que estas obras de arte poden chegar a alcanzar. Por esto, o que nos queda e sacarlle fotos e documentalas para que todo o mundo as poida ver.

Pois ben. Palmeira tamén é rica en outros artes e arrancamos aquí unha sección para poder coñecer mellor a quen temos:

 

Domingo Regueira

Teresa Argibay

Xoán Fernández

Andrés Gago

José María Lojo

Doly Arias

 

Iremos ampliando a lista a medida que vaia recopilando información…