Creacións e Producións EraDixital…

Libros

COITELADAS NA ALMA (2009)
“Coiteladas na alma” é unha novela curta sobre emigración escrita por Xosé Plácido Betanzos García. Conta co limiar “Loita e esperanza” escrito por Francisco A. Vidal.
Xosé Plácido Betanzos García nado en Palmeira no ano 1952 dedicou a meirande parte da súa vida profesional ó ensino e á actividade política e social. Profesor de tecnoloxía no IES Leliadoura de Frións, Ribeira. Foi voceiro do grupo Municipal Nacionalista do BNG entre os anos 1992-2002. Candidato á Alcaldía de Ribeira nos anos 1995 e 1999. Foi gañador do 1º premio do 3º certame Valle-Inclán (Pobra do Caramiñal) co relato Santiago García “O Laverco” no ano 2002. Gañou o 1º premio de “Relatos na Emigración” en Bos Aires, Arxentina co relato “Fendas” no ano 2004. Ente outras colaboracións destacan a realización do guión para o documental sobre a historia de Riveira “Recordos da Ardentía”, e colaboracións co xornal “La Voz de Galicia”.

Esta novela é unha porta máis á reflexión de quen somos e cara onde imos. – Francisco A. Vidal

 


Pincha no seguinte logotipo de La Voz de Galicia para ler o artigo sobre a presentación de “Coiteladas na Alma” no Auditorio de Riveira o 26/06/09.


 
 


Pincha no seguinte logotipo de La Voz de Galicia para ler o artigo sobre a presentación de “Nacer, crecer, vivir e morrer en Palmeira (1500-2000). As xenealoxías dun pobo.”


AS XENEALOXÍAS DUN POBO (2011)
“Nacer, crecer, vivir e morrer en Palmeira (1500-2000). As xenealoxías dun pobo.” é unha extensa obra de documentación histórica de Xosé Álvarez Castrelo.
Xosé Álvarez Castrelo, nado en Palmeira en 1958. Licenciado pola Universidade de Santiago en 1982 na especialidade de Historia Moderna. Actualmente é profesor no IES de Celanova (Ourense). Ten publicado un feixe de artigos na prensa: La Voz de Galicia e Correo Gallego, así como nas revistas Imo, A Caramecha, Apuntes para coñecelo concello, Faíscas, etc. En 1985 publicou o libro Síntesis Histórica de Palmeira 1600-1850. Tamén ten participado en numerosas xornadas e coloquios sobre a historia de Galicia tendo sempre como referente a comarca do Barbanza.
 
 

RELATOS, CONTOS ANANOS, MITOS E VERGOÑAS (2019)

“Relatos, Contos Ananos, Mitos e Vergoñas” e unha selección de relatos cortos, micro-relatos, e poesía escritos por Alberto Romero Bermo, algúns previamente publicados nas revistas das festas de Palmeira, e outros totalmente inéditos.

Publicado en conxunto ca Asociación Cultural Alberto Romero e ca colaboración da Deputación da Coruña.


 

 

Alberto Romero Bermo nacido en Palmeira (abril 1961 – setembro 2015), emigrou a EEUU á idade de 12 anos e volveu a Palmeira aos 35 anos. En EEUU estudou Psicoloxía, Periodismo e Dereito e practicou dereito corporativo. En España traballou para o Grupo Lumar e tamén foi xuíz de paz na Pobra do Caramiñal. 

Apaixonado da vela e das artes, creativo por natureza e fantástico escritor. Escribiu obras de poesía, novelas e relatos curtos en 3 idiomas, galego, inglés e castelán. Entusiasta do cine e teatro, chegou a producir un par de obras curtas presentadas na universidade en EEUU.

Unha persoa moi involucrada na educación e na sociedade, tivo varios cargos en ANPAs do concello, secretario da Asociación Lajareu por Barlovento e participou en comisións e organizacións culturais e lúdicas sen ánimo de lucro.

 

DOS ’20 AOS ’70 (50 ANOS co FÚTBOL de PALMEIRA) (2019)
Este libro de Manuel Gago Pérez (O Carreirán)  é unha laboriosa obra de documentación histórica que recolle 5 décadas do fútbol en Palmeira desde os anos ’20 ata rematar co ascenso do equipo a Serie A no ano 1971. Recolle ademáis pinceladas da vida económica e social de Palmeira durante estes anos para añadirlle colorido ao relato futbolístico.

Manuel Gago Pérez. Xubilado. Durante a súa vida laboral exerceuna na Mariña Mercante coma Oficial Radiotelegrafista Naval e de Inspector de Seguridade Marítima. Mantén a páxina web  smssmparaper.wordpress.com na que gasta parte do seu tempo en envorcar as lembranzas que rexe  a sacar,  logo de remexer nos sesos dos mais vellos, coma se fose un chuchasangue,  pero dos miolos, as cousas  que había e tíñamos no derredor noso, asemade as andanzas que lles restan medio esvaídas na memoria para que logo nos queden e  lles queden aos mais novos e os seguintes de cómo era e qué había na nosa contorna existencial maiormente referida, non só o ámbito palmeirán, se non a toda a contorna do litoral arousán no século pasado.

 

 

GALEÓNS, VAPORES E MOTORAS (2022)
Este libro de Manuel Gago Pérez (O Carreirán) recolle “A HISTORIA DA PASAXE NA RÍA DA AROUSA.”  Organizado por Concellos e Portos a ambos lados da Ría da Arousa enumera as diferentes embarcacións do noso pasado recente dedicadas a pasaxe e o desenvolvemento socio económico da Ría.  É un libro que fala de barcos, de mar, de armadores e de xentes do mar. Recolle documentación oficial e xornalística acompañadas  de anécdotas das memorias dos seus colaboradores que fan que a súa lectura sea amena e moi entretenida. 

 

Pincha no seguinte logotipo de La Voz de Galicia para ler o artigo sobre a presentación de “Galeóns, Vapores e Motoras” en Ribeira.

 

E aqui podemos ver a noticia do Canal Barbanza TV:


 

DEMOGRAFÍA E ONOMÁSTICA DEVOCIONAL EN PALMEIRA (2022)
Este libro de Xosé Álvarez Castrelo é outra extensa obra de documentación histórica do autor. Centrado no pobo de Palmeira non deixa de ser un complemento de outros traballos sobre a vila aos que nos ten acostumbrados o autor. Partindo dun marco xeográfico e ecolóxico, fai un estudio moi completo da evolución da poboación dende o século XI tratando os ciclos da vida, movementos migratorios, e rematando ca formación da onomástica e a devoción a través da historia.  

 

“A tiempo” de Ana María García López (2022). 
Este libro é un relato de ficción climática, que según a propia autora, escribindo e escribindo, convirteuse en unha novela cada vez máis cerca da realidade. O primeiro traballo de ficción da autora que se dedica a sostibilidade e divulgación no seu ámbito profesional, combina á perfección a sua pasión pola sostibilidade co seu lado máis creativo.  Un traballo de moi amena e fácil lectura para todos os públicos que se desenvolve nun pequeno pobo de costa, inspirado en Palmeira. Unha lectura que engancha dende o primeiro capítulo e ten uns contidos tan entretenidos como educativos, leccións de vida, aventura, esperanza, con guiños continuos a nosa cultura, pasado, presente e futuro. Literatura simple escrita de forma socialmente inclusiva que está dando moito que falar no seu estreno.

 

 

Pincha no seguinte logotipo de La Voz de Galicia para ler o artigo sobre o libro e a presentación en Ribeira do 1 de decembro do 2022.

Ana María García se inspira en Palmeira para crear una novela sobre el cambio climático.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2022/11/30/ana-maria-garcia-novela-sobre-cambio-climaticoinspirada-palmeira/00031669835834094409560.htm

E aqui podemos ver a noticia do Canal Barbanza TV:

 

Ou unha entrevista da Radio COPE das Rías neste enlace:

Herrera en COPE de las Rías 02/03/2023 De lunes a viernes a las 12.50 horas https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/audios/herrera-cope-las-rias-02-03-2023-lunes-viernes-las-1250-horas-20230308_2200927

 

O LIBRO tamén se pode comprar na Tenda “Online” de ANACOS SOSTENIBILIDAD (www.anacossostenibilidad.com)

Pincha aqui para ir directamente á Tenda.

E para ver unha transcripción de unha das presentacións do libro, con audio incluido da lectura do primeiro capítulo, pinchade aquí.

 

CUENTOS PARA DESPERTAR – de Luisa Saco (2023)

Luisa Saco Burgos, madrileña de nacemento e de “alma galega”. Este libro é o primeiro que publica e non podía ser en outro sitio que en Palmeira, pobo que acolleu á súa familia con anterioridade, e agora acolle a ela con xenerosidade.  Este libro é o resultado de un proceso de búsqueda interior que remata neste rincón do Universo onde a autora se sinte privilexiada de poder disfrutar de todo o que a rodea . “Cuentos para despertar” é unha homenaxe de gratitude, a través das súas palabras, por todo o recibido. O libro consta de 6 contos que invitan a meditación e reflexión durante a sua lectura.

 

“Tiempos de Salazón y Conserva en A Pobra do Caramiñal” de José Ramiro Villoch Herrera (2023)

José Ramiro Villoch Herrera dedicou a sua vida á medicina, sempre entregado á saúde dos demáis, ata que se xubilou e nos enseñou a todos unha nova faceta: a de investigador.  Ahí naceu o seu primeiro libro “Tiempos de Vela” donde se documentan casas armadoras e navieras. O que o lector ten agora nas suas mans con “Tiempos de Salazón y Conserva en A Pobra do Caramiñal” é fruto dunha labor de compilación documental entusiástica, fruto dunha búsqueda incansable, ca que o lector pode disfrutar da historia da Salazón e Conserva durante o século XX nesta localidade, e na que os descendentes dos fomentadores poden descrubir información nova sobre os seus ancestros. Este libro describe a industria salazoneira e dos fomentadores da Pobra do Caramiñal, que solían ter máis de un almacén, a veces fora da localidade. Tamén trata de corrixir e ampliar con novas documentacións a actividade naviera destas familias, tratada anteriormente en “Tiempos de Vela”.