San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.
ARREDORES
Palmeira é un pobo encantador, prácticamente residencial e perfectamente situado na Ría de Arousa entre Ribeira e Pobra do Caramiñal. Idóneo para unha estancia tranquila cas suas praias e zonas de ocio non masificadas, e ao mesmo tempo moi preto de todos os servicios que un poida necesitar, comercio, restaurantes, etc. a menos de 4 km en ambas direccións.
Perfectamente situado para disfrutar da Ría e de toda a comarca do Barbanza e Arousa Norte. Ademais de disfrutar de Palmeira, na sua contorna pode chegar en cuestión de minutos aos sitios máis importantes do Barbanza, Ribeira, Porto do Son, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Noia e máis…
Despois de haber explorado Palmeira e os seus encantos, praias, Porto e núcleo histórico, pódense visitar lugares incomparables da nosa comarca como as Dunas e o Faro de Corrubedo, Praia do Vilar, o mirador e monte da Curota, o parque San Roque, os Castros de Baroña, Monte da Cidá e Neixón, ademáis de moitos outros lugares que estamos seguros a calquera lle gustaría descubrir.
LIGAZÓNS DESTACADAS
Para facilitarlles esta tarea deixamos aquí uns enlaces con moita máis información que os guiarán, darán moitas ideas e encherán a estancia en Palmeira con moitas cousas que facer. Pinchar sobre cada un deles e descubrir os encantos da nosa comarca.
Mancomunidade Barbanza Arousa