Palmeira na Memoria No curso 2018-2019 as persoas participantes nunhas clases para axilizar a memoria tiveron a idea de deixar escritas algunhas das vivencias que aconteceron en Palmeira antes e durante o século XX. A filosofía foi que ao carón dun retrato sempre hai unha historia. Conseguir retratos e anécdotas foi o comezo deste traballo que quedou plasmado nesta publicación. PALMEIRA NA MEMORIA Artigo do Diario de Arousa do 25 de maio do 2019 falando deste traballo e publicación. https://www.diariodearousa.com/texto-diario/mostrar/2300292/palmeira-recobra-historia-siglos-xix-xx-memoria-mayores