Escolarización en Palmeira 1700-1970 (José Alvarez Castrelo, 2002)
ESCOLARIZACIÓN E ALFABETIZACIÓN No Antigo Réxime tanto o uso da escritura como da lectura e o saber contar realizábanse dunha forma rudimentaria. As “escolas” existentes coñecíanse co nome de “escolas de ferrado”ou “escolas privadas de temporada”, vulgarmente entendíase que cada alumno asistente debería compensar ó mestre ou “escolante” (persoa adicada a poñer escola) cun ou varios ferrados de millo ou trigo por temporada de clase, outras veces; cobraban un canon fixo por cada discípulo.En Palmeira a principios do XVIII…