San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando rozaba casi os 3.000 habitantes como documenta a antiga páxina de PalmeiraVirtual. Tiña daquela 2.905 habitantes.