Este apartado ven se podía chamar «Escritores de Palmeira» ou «Cornecho de Lectura» como se viña coñecendo na antigua PalmeiraVirtual. Ou podía formar parte tamén de «Historia». Por abarcar abarca moitas cousas. Temos xente aquí que se dedica ou dedicou a diferentes ramos da nosa cultura, pero o que teñen en común é a súa dedicación por plasmar por escrito algo que os demáis temos a fortuna de poder ler. Son todos eles xente de letras, entre outras cousas. Dos que temos biografías a continuación un índice para que sea máis cómodo a súa selección:
Autores de Palmeira
E acabamos polo listado (aínda que obsoleto porque algúns xa teñen obras máis extensas) recuperado da antigua PalmeiraVirtual, por aquelo de que non quede nadie atrás. E logo xa ides vendo vos mismos os diferentes apartados novos, actualizacións e biografías dos máis prolíficos:
Outros Autores de Palmeira, basado na BIBLIOGRAFíA de X. PASTOR RODRíGUEZ SANTAMARíA: Diccionario de Escritores Ribeirenses, A Coruña, Deputación Provincial da Coruña, 2001. Polo tanto este listado non está completo nin actualizado desde esa data.
José Rodríguez Saavedra (O Freixo, 1893 – Palmeira, 1974)
Autodidacta, coñecido polo seu segundo apelido, foi un magnífico deseñador e constructor de barcos. Chegou a Palmeira en 1916 precisamente para construir barcos no varadoiro de Insuela, e foi sendo ademais autor dunha novela publicada en 1961 co título Pandilla de eminencias (Vigo, Numen), da que Novo Salgado destaca que fai referencia á súa estancia en Huelva e que ten por protagonistas ós hóspedes dunha fonda desa cidade, case todos de orixe galega.
Manuel González Vidal (Palmeira, 1942-1995)
Maquinista naval, ensinou na Escola de Náutica da Coruña, mais logo fíxose licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, e en 1979 foi nomeado xerente do Plan de Explotación Pesqueira de Galicia, pois no terreo da acuicultura está a súa especialidade. Publicou El conflicto en el sector marisquero de Galicia (Madrid, Akal, 1980) e colaborou no volume colectivo Galicia. Realidad económica y conflicto social (A Coruña, 1978). En galego é autor do volume A cuestión marisqueira, que saíu do prelo en 1978.
Domingo Regueira González (Palmeira, 1945)
Colaborador de La Voz de Galicia con artigos sobre a bisbarra da Barbanza, é autor de Riveira desde sus orígenes (Ribeira, Concello, 1986) e do folleto Petroglifos cruciformes, cruceros y petos de ánimas. Riveira (Ribeira, Concello, 1986), ilustrado polo autor, que ven sendo unha guía sobre os cruceiros da vila de Ribeira.
Pemón Bouzas (Palmeira, 1957)
Fixo estudios de medicina e de socioloxía, aínda que se adicou fundamentalmente ó xornalismo, dende 1985 xa na TVG, onde dirixiu e presentou varios programas. En colaboración con Xosé A. Domelo (Santiago, 1965) é autor do volume Mitos, ritos y leyendas de Galicia. La magia del legado celta, publicado pola barcelonesa editorial Martínez Roca en 2000, que ós tres meses acadou xa unha segunda edición. A obra trata da mitoloxía celta, da romarías e doutras tradicións galegas populares, sen esquecer o tema xacobeo.
Manuel Gago Mariño (Palmeira, 1976)
Vinculado á Pobra do Caramiñal por súa nai, a súa familia paterna é de Palmeira. Traballa en Santiago como responsable de Medios de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Poeta e narrador, ten inédito o libro de poemas Episodio. Sendo estudiante de C.O.U. gañou dous dos premios convocados polo Instituto Calvo Sotelo, un deles co relato «O muíño» e o outro coa serie de poesía «Cancioneiro do longo ollar». Colaborou no volume colectivo El Catón Compostelano. Estudios (Santiago, Consello da Cultura Galega, 2000). Ademais no xornal La Voz de Galicia publicou o relato «A caída» (14-09-2000). Tamén no ano 2000 publicou o volume O novo xornalismo electrónico (Santiago, Ed. Lea), en colaboración con X. López García e J. Pereira Fariña.
Ricardo Sanlés Martínez (Palmeira, 1916)
Frade mercedario, ocupou, entre outros cargos na súa Orde, o de Bibliotecario do Mosteiro de Poio. Autor dunha abundante obra erudita, publicou, entre outras, as obras Manual de los Capítulos Provinciales (Madrid, 1966), In memoriam (Madrid, 1970), Trayectoria misionera de la Merced en la conquista de América (Madrid, 1971), Nuevos documentos para la vida de Vicente Espiner (Madrid, 1973) e Aviamento y catálogo de misioneros a Indias y Filipinas en el siglo XVI (Madrid, 1979).
Manuel Teira Luaces (Palmeira, 1954)
Criouse na Pobra do Caramiñal dende a súa infancia. Publicou poesías na revista Dorna e colaboracións xornalísticas en La Voz de Galicia como as tituladas «Antonio Paz Míguez, un literato pobrense que vive lonxe da súa terra e esquecido» (05-06-1988) e «Antón Avilés, unha emoción» (14-04-1993). Na carpeta Xentes do Barbanza, publicada pola Mesa da Normalización Lingüística en 1988, publicou dous poemas sen título. Outro artigo da súa autoría é: «Exercicio de imaxinación» (La Voz de Galicia, «Barbanza»‘ 26-01-1999), comentario do libro de relatos de Anxo Rei A sombra dos teus soños. No ano 2000 a A.C. A Miserela editoulle o volume de poemas Detido nos confíns, caracterizado sobre todo pola presencia da poesía amatoria.
Vicente García Millán (Palmeira, 1843)
Médico Director do Balneario da Toxa en 1877, publicou artigos da súa especialidade coma o titulado «Sobre la acción antihelmíntica de las aguas de Loujo»‘ que apareceu no Anuario Oficial Estadístico de la Aguas Minerales de España, publicado en Madrid pola tipografía de Fortanet en 1887. O nacer foi anotado como Vicente Millán, fillo de solteira, pero seu pai, Pedro García, recoñeceuno o 30 de outubro de 1851.
Antonio Martínez (Palmeira)
Foi Rector de San Pedro de Palmeira e colexial de Fonseca, onde entrou o 24 de marzo de 1608. Non nos consta ningún escrito seu, mais debeu facelos para optar ós graos académicos.
Lidia Martínez Fernández (Palmeira, 1972)
Diplomada en Maxisterio e Licenciada en Pedagoxía, é coautora do traballo «La educación de adultos en los programas de rehabilitación psiquiátrica para enfermos mentales», escrito en colaboración con Palmira Rodríguez Domínguez e publicado na revista Innovación Educativa (nº 10, 2000).
Pedro de Palmeira
Poeta medieval de quen conta o conde de Barçelos, don Pedro de Portugal, que morreu de amor por unha filla de Pelaio Curvo, casado cunha sobriña de Gelmírez. López Ferreiro supón que este Pedro de Palmeira puidese ser o Pero Rodríguez de Palmeira do que non conservaron composicións os cancioneiros medievais, cousa que non lle parece probable a António Resende de Oliveira. Se ests identificación fose real, Pedro de Palmeira sería portugués e non natural da nosa bisbarra. O seu nome completo sería, para Resende, Pero Rodrigues de Palmeira, que viviría a fins do século XII.
**BIBLIOGRAFíA
X. PASTOR RODRíGUEZ SANTAMARíA: Diccionario de Escritores Ribeirenses, A Coruña, Deputación Provincial da Coruña, 2001.