Un Pouco de Música Alternativa
Cando nacía PalmeiraVirtual alá polos finales dos anos 90, un servidor estaba un pouco lonxe para saber o que realmente se estaba cocendo na nosa Palmeira e limitabame a colgar datos simplemente históricos ou xeográficos, por aquelo de poñer Palmeira no mapa das redes. Cando cheguei definitivamente para quedarme no ano 2001 empecei a descubrir un mundo descoñecido antes para min culturalmente en Palmeira. Escritores, pintores, músicos. Neste relato vou falar solamente da música, que de por sí, daba para moito e nunca lle demos un espacio, por exemplo, como se lle dou aos escritores na segunda etapa de PalmeiraVirtual.
Antes desta etapa, cando falabamos de música con xente de Palmeira a min solo me viñan á mente ‘Os Tamara’ con Ricucho Paisal, ‘Alerta’ con José Antonio da Pedriña, ou Arosa Express con Vicente Pego. Para integrarme e coñecer o meu pobo de novo convenceronme de que debía axudar ca Comisión de Festas, e así fun retomando contactos e coñecendo xente nova. Unha das miñas ilusións era o San Xoán. Recuperar as fogueiras e traer grupos de rock para unha noite máxica. Foi así como empecei a coñecer grupos como Básico, Hisopo, Six, rapaces novos que empezaban a experimentar ca música e a creatividade. Antes destes os Coliflowers, e despois destes In-Vitro, Orve, Tevra, Belfastt, Trinomial (que quede claro que me limito únicamente a Palmeira, porque a explosión de música foi tal en toda a comarca do Barbanza (Ribeira, Pobra, Boiro – desde Aguiño hasta Rianxo) que non me chegarían as páxinas desta web para cubrir a todos). Despois daquelas noites do San Xoán viñeron os festivales Rock de Palmeira. Nos anos 2005, 2006 e 2007 celebráronse festivales durante as festas que nun ano 5 dos 7 grupos participantes eran de Palmeira. Aqui tendes a noticia da Voz de Galicia.
De aquí a grabar maquetas e discos. Polo ano 2008 Tevra grababa o seu primer disco. E logo Belfastt. E logo chegou a era do blog de «Os jrupos da sona» e «Máis ke 1 Concerto» na Capitol de Compostela. Ano 2011. Os concertos do Brétema e outras iniciativas. Tamén tocou desplazarse por toda a xeografía galega para velos tocar ou mismo para carrexar material e músicos.
Palmeira tamén era rica musicalmente con alternativas outras que aquelas de sempre, os grupos folk que nunca nos faltaron, e merecen un apartado separado, que podedes ver aparte pinchando nese enlace. Por desgracia os espacios, datas e horarios para que os grupos poidesen tocar escaseaban. De ahí a que estes músicos, algúns de profesión pero casi todos de devoción (porque claro está que vivir desto non é doado) buscasen unha reconversión hacia as actuacións de tipo acústico, en solitario, dúos, tríos, formacións que lles permitise facer aquelo que disfrutaban, tocar. E vaia si algúns destacaron abríndose camiño e enchendo bares. Empezaba a era de coñecelos individualmente polo seu nome, Loren Tevra, Miguel o Pelado, Micho, Antonio o Bermo, Kutxa, Emilio Palmeira, Albertiño, e moitos outros. Old Jaus Band con Juanjo, Dani Silva, Dani García e Marga, Versus con Loren e Thais, Acústica con Loren, Thais e Nando, e moitos máis… 2 décadas ben diferentes do novo século XXI. Son afortunado de habelos coñecido, habelos visto, habelos vivido, e conservar a súa música para escoitar cando apetece. Podían ser os meus fillos pero eran os meus amigos. Quitáronme 20 anos de encima.
Resumo esta etapa cas palabras de un dos protagonistas. Juanjo Romero (ahora profesor) dime: «O certo é que, visto desde a distancia temporal, pódese observar como unha explosión cultural que empregaba a música para expresarse e atopar o seu sitio no mundo.»
Déixovos por aquí algúns enlaces de interés desta etapa musical de Palmeira:
Fotos San Xoán 2003 (As últimas fotos son dos grupos desa noite)
Ciclo de Concertos no Brétema – ‘Sons na Brétema’
Máis ke 1 Concerto – Entrevista
Os Jrupos da Sona – http://osjruposdasona.wordpress.com/
Algúns Videos daqueles momentos:
Outro día iremos añadindo máis cousiñas…