Os Xigantes Pequenos
Alberto Romero Bermo (2002). Eche unha cuestión de gustos. A min Palmeira sempre me gustou vista desdo mar. Non sei, penso que en certo xeito sempre me lembrou a unha vila desas dos contos de fadas, toda achegadiña, apiñocada a carón do mar, e logo esparcida por aquí e por acolá coma se estivese fuxindo monte arriba ata a Curota, escapando do mar. Confeso que é unha impresión da miña vila un tanto infantil pero eses son os recordos…