A congostra dos lamentos (Francisco A. Vidal)
A congostra dos lamentos. A congostra é un camiño, nin máis novo nin máis vello que unha estrada, nin máis nin menos importante que un camiño real, ela cruza regueiros, lameiros e pedregais para unir as aldeas e levar a uns e outros ó encontro da vida, do traballo ou dos pesares. Ela discorre co ancho dos rodeiros dun carro afundindo o terreo polos moitos anos de uso e deixando no alto os campos; as súas abas teñen…