José Antonio Rodríguez Pérez.
Din que naceu na Pedriña unha noite de tronos (por eso saleu roqueiro) o 02-12-1961. Morreu o 28-12-2007.
Estudiou no conservatorio de Santiago. Ainda que non rematou os estudios no conservatorio tocaba varios instrumentos, guitarra, baixo, batería, teclado e flauta. Sabia solfeo e leer as partituras.
Aprendeu a tocar a guitarra de xovenciño nos setentas cos Jetters, grupo palmeiran que nacía en paralelo aos Electronics (base do mais tarde grupo Alerta) dos que non debemos esquecernos. José Antonio tamén tocou cos Electronics. Enredaban a veces na de Maxi (Electrónica) do que José Antonio tamén foi pupilo.
Empezou a tocar co grupo Alerta con 16 ou 17 anos. O grupo Alerta revolucionaba a finales dos setenta e principios dos ochenta o panorama da verbena da nosa zona con un repertorio diferente que marcou tendencias. Sonan ahora mismo na miña cabeza as notas de unha Europa de Santana maxistralmente interpretada por José Antonio. Considerado un virtuoso da guitarra dos mellores de Galicia naqueles tempos cando para ver ó grupo Alerta hasta se teñen acordonado os recintos feriales en algunhas festas.
Cando deixou Alerta foi para a orquesta Charleston de Padrón. Máis tarde, despois de anos sin tocar, a última orquesta na que tocou foi Odisea, pero por pouco tempo.
Na súa última etapa José Antonio volveu a subir aos escenarios de Palmeira co seu grupo Hisopo durante as festas do San Xoán do ano 2003 e máis tarde participaron tamén nos concertos R.I.P. de Palmeira alá polo 2005-2006.
Hisopo deixa 2 traballos en forma de maquetas onde José Antonio volve a desplegar a música que levaba dentro. Reencontrouse durante estes anos tamén cos seus vellos compañeiros de Alerta e volveron a facer música xuntos.
José Antonio foi inspiración e maestro para esa xeración de músicos da que falo no apartado de Música alternativa. Cando estes rapaces ensaiaban no local da casa ou bar da Tarabela, José Antonio deixabase caer por alí e tocaba con eles. Tal vez se axudaron uns a outros porque esa etapa foi a etapa de Hisopo (grupo de José Antonio, xunto con Secho e Fino como base, tamén tocaron con José Antonio Kutxa, David o Calvo e Pepe de Tevra) con temas propios donde José Antonio se reencontraba unha vez máis ca música. Non por nada Tevra lle dedica o seu primeiro disco Inverso con estas palabras:
Dedicamos este disco a la memoria de José Antonio “da Pedriña”.
Nunca te olvidaremos, maestro.
Tamén Belfastt no seu disco Incombustible lle dedica o tema Adiós Maestro, que por cercanía e nostalxia ainda me pon os pelos de punta. Non cabe duda ningunha da importancia e o impacto que este home tuvo sobre esta xeración de músicos.
Deixovos aquí algunha foto e un par de recortes de prensa: