Adelaida Vidal Vizcaya, filla de Francisco A. Vidal e Rosa Benigna Vizcaya (ambos escritores de Palmeira) ocupa un espazo importante entre as escritoras galegas desde que obtivo, por unanimidade (cousa que non é habitual), o premio da duodécima edición do Vicente Risco de Creación Literaria ca súa primeira novela Olladas no ano 2011. Adelaida ten formación en Arte Dramático.
Deixovos aquí a noticia de La Voz de Galicia de cando presentou o seu libro aquí no Barbanza no 2013:
Adelaida Vidal ocupa un espazo de privilexio na literatura galega. A palmeirense presentou en Barbantia a novela «Olladas». La Voz de Galicia. 20 abril 2013.
E tamén de La Voz de Galicia a primeira noticia cando obtivo o premio no ano 2011:
Adelaida Vidal gana el Premio Risco de Literatura con su primera novela. La Voz de Galicia. 27 novembro 2011.
Uns anos máis tarde, Adelaida Vidal volve a gañar outro premio, esta vez o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, no ano 2023, coa obra presentada baixo o lema e título ‘E que vai ser?’.
Aquí vos deixo a noticia do Portal Galego de Educación Botóns (www.botons.eu):
Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.