Palmeira. Palmeira Virtual é un proxecto vivo, cambiante e sempre incompleto. Iremos añadindo contidos e actualizando a páxina a medida que o tempo nos permita... Si tendes contidos, correccións, cambios, ideas, colaboracións, suxerencias, por favor poñerse en contacto...

Blog

Xosé Álvarez Castrelo

Xosé Álvarez Castrelo, nado en Palmeira en 1958, coñecido para casi todos nós como Pepe Castrelo é Licenciado pola Universidade de Santiago en 1982 na especialidade de Historia Moderna. Actualmente é profesor no I.E.S. de Celanova (Ourense). Ten publicado un feixe de artigos na prensa como as diversas aportacións na Voz de Galicia dende o 1981, destacando as series de 1993 e 1994: Riqueza interna da Igrexa de Palmeira, Patente de Corso en Palmeira, Testamento e mentalidade ante a…

Leer más

José Rodríguez Saavedra

José Rodríguez Saavedra(O Freixo, 1893 – Palmeira, 1974) Autodidacta, coñecido polo seu segundo apelido, foi un magnífico deseñador e constructor de barcos. Chegou a Palmeira en 1916 precisamente para construir barcos no varadoiro de Insuela, e foi sendo ademais autor dunha novela publicada en 1961 co título Pandilla de eminencias (Vigo, Numen), da que Novo Salgado destaca que fai referencia á súa estancia en Huelva e que ten por protagonistas ós hóspedes dunha fonda desa cidade, case todos de…

Leer más

Alberto Romero Bermo

Alberto Romero Bermo nacido en Palmeira (abril 1961 – setembro 2015), emigrou a EEUU á idade de 12 anos e volveu a Palmeira aos 35 anos. En EEUU estudou Psicoloxía, Periodismo e Dereito. Practicou dereito corporativo durante uns cantos anos ata volver a España, onde traballou para o Grupo Lumar en diversos postos e proxectos. Tamén foi xuíz de paz na Pobra do Caramiñal. Alberto era o máis novo de 3 irmáns, casado e con 3 fillos. Foi un…

Leer más

José Antonio Pérez Fernández

José Antonio Pérez Fernández (Palmeira, 1966). Historiador e profesor de ensino secundario.           Comezou os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago en 1984, obtendo a licenciatura de Xeografía e Historia en 1989, na especialidade de Historia Contemporánea. Estando na Universidade formou parte do primeiro grupo de investigadores que puxo en marcha o proxecto de Historia Oral de Galicia (HISTORGA), baixo a dirección de Isaura Varela e Marc Wouters. Foi entón cando comezou as súas investigacións sobre a guerra…

Leer más

Xosé Plácido Betanzos García

Xosé Plácido Betanzos García, Palmeira (1952-2018), dedicou a meirande parte da súa vida profesional ao ensino e a actividade política e social. Os últimos 22 anos exerceu como profesor de Tecnoloxía no IES Leliadoura de Frións (Ribeira). Foi voceiro do BNG en Ribeira dende o ano 1992 ao 2002. Tamén candidato á alcaldía nos anos 1995 e 1999. Como home de letras, gañou o primeiro premio do terceiro Certame Valle Inclán (A Pobra do Caramiñal) co relato Santiago García…

Leer más

A beleza da Pedra da Ra

A beleza da Pedra da Ra     A carón desta rocha zoomorfa cóntase que, hai moitos anos, produciuse un marabilloso suceso no que, eclipsando incluso ó máis grande tesouro imaxinable, impúxose a beleza. Trátase dunha lenda que se repite en moitos lugares de Galicia, e en cada un cobra pequenos matices que a enriquecen. Fálase aquí dunha fabulosa tenda que apareceu diante dunha muller que, sorprendida, entrou nela como se fose nun «hiper» daquel tempo, para remexer, ver,…

Leer más

A insa da Perilla (Francisco A. Vidal)

A insa da Perilla   A «insa» (e non «ínsua») da Perilla, emerxe fronte ás costas do vello porto de Palmeira como unha ara, un refuxio e un baluarte, onde, segundo os expertos, desde antigo se procuraba calmar a furia dos elementos. E como na maioría dos lugares de culto, este, onde os primitivos moradores da zona facían as súas ofrendas, posteriormente, trocou de devocionado e validou a veracidade do novo culto, se a lenda está no certo, gravando…

Leer más

Club Palmeira (Juan Bautista Ramos Saíñas)

Club Palmeira Cando a principios de século XX os ingleses levaron o fútbol ó continente, convertíndoo no deporte máis popular da terra e conquerindo que a súa linguaxe se tornara universal, os portos de mar foron os primeiros escenarios daquela novedosa práctica. Palmeira, emigrante e mariñeira por excelencia, non puido sustraerse á influencia e ó encanto desa nova actividade. Coa chegada dese novo deporte, o fútbol invade as rúas de Palmeira, e os rapaces buscan calquer momento libre para…

Leer más

Publicado en Historia Comentarios desactivados en Club Palmeira (Juan Bautista Ramos Saíñas)
As festas do San Xoán (Ano 2007)

As festas do San Xoán -Cronoloxía dunha celebración-    Esta historia comeza alá polo mes de xuño do ano 1962. Son as vésperas do San Xoán en Palmeira e o noso personaxe decide iniciar os preparativos para festexar a súa onomástica. Desde que a súa memoria lle alcanza, desde os tempos en que era un neno no seu Portugal natal, este día sempre tivo un especial significado para el. Ás lembranzas da noite máxica únese agora, por vez primeira…

Leer más

O Santísimo de Palmeira (Francisco A. Vidal)(1996-2000)

O Corpus, a grande festa do catolicismo, caracterizada pola grandiosidade civil e relixiosa, celébrase en Palmeira (Ribeira), o primeiro domingo de xullo, «despois de que San Xoán bendice as augas», complementando con el os festexos do solsticio de verán. As primeiras celebracións do Santísimo documentadas nesta parroquia son do primeiro tercio do século XVIII, cando un canónico de Santiago manda que se forme unha confraría con veciños «acomodados». Na actualidade, e xa desde mediados do século pasado, os confrades…

Leer más