Palmeira Virtual é un proxecto vivo, cambiante e sempre incompleto. Intentamos retomar unha iniciativa que quedou aparcada alá polo 2004. Iremos añadindo contidos e actualizando a páxina a medida que o tempo nos permita... Si tendes contidos, correccións, cambios, ideas, colaboracións, suxerencias, por favor poñerse en contacto...
Francisco A. Vidal

Francisco Antonio Vidal Blanco (Palmeira-A Bouciña, 1957), escritor e etnógrafo que iniciou a súa andaina literaria en 1977 con artigos publicados na prensa, de temática variada, desde a etnografía ata a ciencia, onde se afrontou o, ata daquela infrecuente, vocabulario técnico en galego, coa serie de principios dos 80, no periódico A Nosa Terra, Ciencia, Técnica e Trebellos. Na actualidade colabora con “La Voz de Galicia” (edición da Barbanza), publicando artigos semanais baixo o título xenérico de Lingua Proletaria….

Leer más

José Vicente Domínguez

José Vicente Domínguez naceu en Palmeira no ano 1946. Foi Capitán da Marina Mercante e Capitán de Pesca. Ao largo da súa vida exerceu  unha intensa actividade empresarial e desempeñou cargos na Administación pesqueira. Como escritor publicou diversos relatos, ensaios e novelas. Nos seus libros sempre aflora o compromiso con Galicia e as súas xentes. Coñecido pola súa paisón pola historia de Galicia, José Vicente non fala de oído, faino a través das súas vivencias persoales, que afloran de…

Leer más

Xosé Álvarez Castrelo

Xosé Álvarez Castrelo, nado en Palmeira en 1958, coñecido para casi todos nós como Pepe Castrelo é Licenciado pola Universidade de Santiago en 1982 na especialidade de Historia Moderna. Actualmente é profesor no I.E.S. de Celanova (Ourense). Ten publicado un feixe de artigos na prensa como as diversas aportacións na Voz de Galicia dende o 1981, destacando as series de 1993 e 1994: Riqueza interna da Igrexa de Palmeira, Patente de Corso en Palmeira, Testamento e mentalidade ante a…

Leer más

José Rodríguez Saavedra

José Rodríguez Saavedra(O Freixo, 1893 – Palmeira, 1974) Autodidacta, coñecido polo seu segundo apelido, foi un magnífico deseñador e constructor de barcos. Chegou a Palmeira en 1916 precisamente para construir barcos no varadoiro de Insuela, e foi sendo ademais autor dunha novela publicada en 1961 co título Pandilla de eminencias (Vigo, Numen), da que Novo Salgado destaca que fai referencia á súa estancia en Huelva e que ten por protagonistas ós hóspedes dunha fonda desa cidade, case todos de…

Leer más

Alberto Romero Bermo

Alberto Romero Bermo nacido en Palmeira (abril 1961 – setembro 2015), emigrou a EEUU á idade de 12 anos e volveu a Palmeira aos 35 anos. En EEUU estudou Psicoloxía, Periodismo e Dereito. Practicou dereito corporativo durante uns cantos anos ata volver a España, onde traballou para o Grupo Lumar en diversos postos e proxectos. Tamén foi xuíz de paz na Pobra do Caramiñal. Alberto era o máis novo de 3 irmáns, casado e con 3 fillos. Foi un…

Leer más

José Antonio Pérez Fernández

José Antonio Pérez Fernández (Palmeira, 1966). Historiador e profesor de ensino secundario.           Comezou os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago en 1984, obtendo a licenciatura de Xeografía e Historia en 1989, na especialidade de Historia Contemporánea. Estando na Universidade formou parte do primeiro grupo de investigadores que puxo en marcha o proxecto de Historia Oral de Galicia (HISTORGA), baixo a dirección de Isaura Varela e Marc Wouters. Foi entón cando comezou as súas investigacións sobre a guerra…

Leer más

Xosé Plácido Betanzos García

Xosé Plácido Betanzos García, Palmeira (1952-2018), dedicou a meirande parte da súa vida profesional ao ensino e a actividade política e social. Os últimos 22 anos exerceu como profesor de Tecnoloxía no IES Leliadoura de Frións (Ribeira). Foi voceiro do BNG en Ribeira dende o ano 1992 ao 2002. Tamén candidato á alcaldía nos anos 1995 e 1999. Como home de letras, gañou o primeiro premio do terceiro Certame Valle Inclán (A Pobra do Caramiñal) co relato Santiago García…

Leer más

Rosa Benigna Vizcaya

Rosa Benigna Vizcaya Betanzos, licenciada en Xeografía e Histroia pola Universidade de Santiago de Compostela, ten publicado varios artigos e colaboracións sobre a relixiosidade, ritos e costumes de época clásica en relación coa relixiosidade actual, así como sobre temas de onomástica. Por exemplo de interés para Palmeira destacamos este artigo: O apelido «Betanzos» en Palmeira, publicado no 1992. No ano 2009 publica o libro na editorial Toxosoutos, en colaboración con Francisco A. Vidal, Dos fastos ós festexos (Dos antigos mitos á…

Leer más

Manuel Gago Pérez

Manuel Gago Pérez (O Carreirán). Xubilado. Durante a súa vida laboral exerceu na Mariña Mercante coma Oficial Radiotelegrafista Naval e de Inspector de Seguridade Marítima. Mantén a páxina web (estilo blog) smssmparaper.wordpress.com , a que él mismo describe como «Palmeiranadas miñas» na que gasta parte do seu tempo en envorcar as lembranzas que rexe a sacar, logo de remexer nos sesos dos mais vellos, coma se fose un chuchasangue, pero dos miolos, as cousas que había e tíñamos no…

Leer más