Palmeira. Palmeira Virtual é un proxecto vivo, cambiante e sempre incompleto. Iremos añadindo contidos e actualizando a páxina a medida que o tempo nos permita... Si tendes contidos, correccións, cambios, ideas, colaboracións, suxerencias, por favor poñerse en contacto...
Alberto Romero Bermo

Alberto Romero Bermo nacido en Palmeira (abril 1961 – setembro 2015), emigrou a EEUU á idade de 12 anos e volveu a Palmeira aos 35 anos. En EEUU estudou Psicoloxía, Periodismo e Dereito. Practicou dereito corporativo durante uns cantos anos ata volver a España, onde traballou para o Grupo Lumar en diversos postos e proxectos. Tamén foi xuíz de paz na Pobra do Caramiñal. Alberto era o máis novo de 3 irmáns, casado e con 3 fillos. Foi un…

Leer más

José Antonio Pérez Fernández

José Antonio Pérez Fernández (Palmeira, 1966). Historiador e profesor de ensino secundario.           Comezou os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago en 1984, obtendo a licenciatura de Xeografía e Historia en 1989, na especialidade de Historia Contemporánea. Estando na Universidade formou parte do primeiro grupo de investigadores que puxo en marcha o proxecto de Historia Oral de Galicia (HISTORGA), baixo a dirección de Isaura Varela e Marc Wouters. Foi entón cando comezou as súas investigacións sobre a guerra…

Leer más

Xosé Plácido Betanzos García

Xosé Plácido Betanzos García, Palmeira (1952-2018), dedicou a meirande parte da súa vida profesional ao ensino e a actividade política e social. Os últimos 22 anos exerceu como profesor de Tecnoloxía no IES Leliadoura de Frións (Ribeira). Foi voceiro do BNG en Ribeira dende o ano 1992 ao 2002. Tamén candidato á alcaldía nos anos 1995 e 1999. Como home de letras, gañou o primeiro premio do terceiro Certame Valle Inclán (A Pobra do Caramiñal) co relato Santiago García…

Leer más

A beleza da Pedra da Ra

A beleza da Pedra da Ra     A carón desta rocha zoomorfa cóntase que, hai moitos anos, produciuse un marabilloso suceso no que, eclipsando incluso ó máis grande tesouro imaxinable, impúxose a beleza. Trátase dunha lenda que se repite en moitos lugares de Galicia, e en cada un cobra pequenos matices que a enriquecen. Fálase aquí dunha fabulosa tenda que apareceu diante dunha muller que, sorprendida, entrou nela como se fose nun «hiper» daquel tempo, para remexer, ver,…

Leer más

A insa da Perilla (Francisco A. Vidal)

A insa da Perilla   A «insa» (e non «ínsua») da Perilla, emerxe fronte ás costas do vello porto de Palmeira como unha ara, un refuxio e un baluarte, onde, segundo os expertos, desde antigo se procuraba calmar a furia dos elementos. E como na maioría dos lugares de culto, este, onde os primitivos moradores da zona facían as súas ofrendas, posteriormente, trocou de devocionado e validou a veracidade do novo culto, se a lenda está no certo, gravando…

Leer más

Rosa Benigna Vizcaya

Rosa Benigna Vizcaya Betanzos, licenciada en Xeografía e Histroia pola Universidade de Santiago de Compostela, ten publicado varios artigos e colaboracións sobre a relixiosidade, ritos e costumes de época clásica en relación coa relixiosidade actual, así como sobre temas de onomástica. Por exemplo de interés para Palmeira destacamos este artigo: O apelido «Betanzos» en Palmeira, publicado no 1992. No ano 2009 publica o libro na editorial Toxosoutos, en colaboración con Francisco A. Vidal, Dos fastos ós festexos (Dos antigos mitos á…

Leer más

Manuel Gago Pérez

Manuel Gago Pérez (O Carreirán). Xubilado. Durante a súa vida laboral exerceu na Mariña Mercante coma Oficial Radiotelegrafista Naval e de Inspector de Seguridade Marítima. Mantén a páxina web (estilo blog) smssmparaper.wordpress.com , a que él mismo describe como «Palmeiranadas miñas» na que gasta parte do seu tempo en envorcar as lembranzas que rexe a sacar, logo de remexer nos sesos dos mais vellos, coma se fose un chuchasangue, pero dos miolos, as cousas que había e tíñamos no…

Leer más