Rosa Benigna Vizcaya

Rosa Benigna Vizcaya Betanzos, licenciada en Xeografía e Histroia pola Universidade de Santiago de Compostela, ten publicado varios artigos e colaboracións sobre a relixiosidade, ritos e costumes de época clásica en relación coa relixiosidade actual, así como sobre temas de onomástica. Por exemplo de interés para Palmeira destacamos este artigo: O apelido «Betanzos» en Palmeira, publicado no 1992.

No ano 2009 publica o libro na editorial Toxosoutos, en colaboración con Francisco A. Vidal, Dos fastos ós festexos (Dos antigos mitos á relixiosidade galega). Un percorrido polos festexos do calendario atopándonos cos medos que antano e hogano lle temos ós males e perigos que nos asedian.