José Vicente Domínguez

José Vicente Domínguez naceu en Palmeira no ano 1946. Foi Capitán da Marina Mercante e Capitán de Pesca. Ao largo da súa vida exerceu  unha intensa actividade empresarial e desempeñou cargos na Administación pesqueira. Como escritor publicou diversos relatos, ensaios e novelas. Nos seus libros sempre aflora o compromiso con Galicia e as súas xentes.

Coñecido pola súa paixón pola historia de Galicia, José Vicente non fala de oído, faino a través das súas vivencias persoales, que afloran de modo natural, o cal imprime nas súas obras unha frescura nacida de un coñecemento profundo. Máis que un testigo neutral, é partícipe da realidade que se manifesta nos seus libros, por máis difícil e inxusta que ésta poida ser. (caligramaeditorial).

 

Con el sol por la popa (2003). Unha recompilación de artigos periodísticos relacionados ca pesca e a navegación.

O Anxelote e outros relatos (2004). Tres historias sobre as xentes do mar e do agro galegos.

Que nos estades facendo? (Converxas ecolóxicas) (2005). Narración dialogada que aborda a degradación do noso planeta.

Así eramos en Benencia (2006). Novela costumbrista ambientada en tempos recentes nun pobo do litoral galego.

Allá está Pancho (2007). Describe as servidumbres e aconteceres políticos que influen sobre as xentes de Benencia, pobo que sirve de reiterada inspiración para o autor.

La Raíña (2010). De novo en Benencia, o autor sumerxenos na vida, costumbres, penurias e problemas endémicos da Galicia rural e a decadente España de finales do século XIX.

Veroto el Romano (2012). A través das novas e opinións dos autores clásicos, esta narración histórica relata episodios, lendas, mitos e costumbres que desde antiguo fundamentaron o feito diferencial galaico. Foi traducida ao inglés baixo o título The lasts Celts.

Muy rojo, muy negro (2014). A difícil supervivencia das mulleres que tiveron que sair adiante sufrindo os abusos, a represión e o dramatismo da Guerra Civil Española.

Historias de Issia (2015). Seis contos ilustrados para nenas e nenos de 6 a 9 anos.

Haïti chérie. 1979-1980 (2015). Relato autobiográfico no que o autor rinde homenaxe ao pobo haitiano, ao tempo que denuncia a corrupción que destrue a pureza das súas xentes.

Por mucho que ahora me quieran (2017). . Primeira novela da Triloxía de Marta. Relato de unha xoven, entregada a unha loita desigual, en medio de ambientes diversos e personaxes descarnados, na búsqueda da súa identidade.

¿Por qué maltratas tu planeta? (2018). Traducción ao castelán da publicación Que nos estades facendo? (2005). O autor dase conta que o que decía no 2005 apenas cambiou a día de hoxe (2018). O dano que se lle está facendo ao planeta continúa e as expectativas siguen sendo as mesmas que daquela. Decide publicar en castelán para intentar chegar a unha audiencia máis amplia.

Siete días de Marta (2020). Segunda novela da Triloxía de Marta, na que a protagonista se convirte en inspectora de policía. A súa dedicación para resolver un caso difícil supera cantas barreiras burocráticas e sociais se interpoñen no seu propósito de servizo público.

El chubasquero amarillo (2021). Terceira e última entrega da Triloxía de Marta. A xoven inspectora de vacacións na Ría de Arousa, encóntrase con un cadáver arrastrado pola marea. Marta debe resolver a trama de celos e infidelidades que conduciron a este crime.

Un millón de Teselas (2023). A cuarta parte de unha saga que inicialmente foi pensada como unha triloxía. José Vicente estira con acerto a triloxía de Marta. A historia xira en torno á inspectora de policía Marta, que ten que resolver un crimen e está ambientada en Galicia, concretamente centrada no mosteiro de San Xoán de Poio.

 

Algunhas portadas: