Manuel Gago Pérez

Manuel Gago Pérez (O Carreirán).

Xubilado. Durante a súa vida laboral exerceu na Mariña Mercante coma Oficial Radiotelegrafista Naval e de Inspector de Seguridade Marítima. Mantén a páxina web (estilo blog) smssmparaper.wordpress.com , a que él mismo describe como «Palmeiranadas miñas» na que gasta parte do seu tempo en envorcar as lembranzas que rexe a sacar, logo de remexer nos sesos dos mais vellos, coma se fose un chuchasangue, pero dos miolos, as cousas que había e tíñamos no derredor noso, asemade as andanzas que lles restan medio esvaídas na memoria para que logo nos queden e lles queden aos mais novos e os seguintes de cómo era e qué había na nosa contorna existencial maiormente referida, non só o ámbito palmeirán, se non a toda a contorna do litoral arousán no século pasado. Estades invitados a pinchar no enlace e explorar as súas «Palmeiranadas»

No ano 2019, en colaboración con EraDixital publica o libro:

DOS ’20 AOS ’70 (50 ANOS co FÚTBOL de PALMEIRA) (2019)
Este libro de Manuel Gago Pérez (O Carreirán)  é unha laboriosa obra de documentación histórica que recolle 5 décadas do fútbol en Palmeira desde os anos ’20 ata rematar co ascenso do equipo a Serie A no ano 1971. Recolle ademáis pinceladas da vida económica e social de Palmeira durante estes anos para añadirlle colorido ao relato futbolístico.

No ano 2022, tamén en colaboración con EraDixital publica o libro:

GALEÓNS, VAPORES E MOTORAS (2022)
Este libro de Manuel Gago Pérez (O Carreirán) recolle “A HISTORIA DA PASAXE NA RÍA DA AROUSA.”  Organizado por Concellos e Portos a ambos lados da Ría da Arousa enumera as diferentes embarcacións do noso pasado recente dedicadas a pasaxe e o desenvolvemento socio económico da Ría.  É un libro que fala de barcos, de mar, de armadores e de xentes do mar. Recolle documentación oficial e xornalística acompañadas  de anécdotas das memorias dos seus colaboradores que fan que a súa lectura sea amena e moi entretenida. 

 



 

Pincha no seguinte logotipo de La Voz de Galicia para ler o artigo sobre a presentación de «Galeóns, Vapores e Motoras» en Ribeira.

 

E aqui podemos ver a noticia do Canal Barbanza TV: