José Rodríguez Saavedra

José Rodríguez Saavedra(O Freixo, 1893 – Palmeira, 1974)

Autodidacta, coñecido polo seu segundo apelido, foi un magnífico deseñador e constructor de barcos. Chegou a Palmeira en 1916 precisamente para construir barcos no varadoiro de Insuela, e foi sendo ademais autor dunha novela publicada en 1961 co título Pandilla de eminencias (Vigo, Numen), da que Novo Salgado destaca que fai referencia á súa estancia en Huelva e que ten por protagonistas ós hóspedes dunha fonda desa cidade, case todos de orixe galega.

Dícese que en Palmeira había naqueles intres 16 almacéns de salgadura, pero a saída do produto para levante tiña moitos atrancos. Á vista disto trataron de facer un barco que solucionase o problema. Así foi como chegou Saavedra a Palmeira. O barco que tiña que facer era grande, de tres paus, e 300 toneladas. O traballo fíxose no varadoiro de Insuela, e o barco chamouse Insuela.

Gustou tanto o barco que lle encargaron máis. Ao longo da súa andadura Saavedra armou arredor dos 150 barcos. Casou en Palmeira. A súa muller chamábase Ramona. En Palmeira traballou nos Modorróns, no que hoxe é o piñeiral da praia. Pero tamén fixo barcos en Ribeira, na Pobra, Huelva, Río de Xaneiro, Nova Iork. Fixo barcos de todos os tamaños e estilos para Galicia e para outros portos de España pero aquí destacou O Vapor de Ribeira, barco de pasaxe chamado Ría de Arosa que iba de Ribeira a Vilagarcía. Unha das súas maquetas tivo unha mención especial no Salón Náutico Internacional de París.

Foto de versión mecanoescrita da novela con data do 1960

Foto de versión publicada no ano 1961

Unha pequena transcrición de como Pepe Saavedra describe Palmeira na sua novela, publicada por José Vicente Domínguez na Voz de Galicia o 23 de setembro do 2021. Pinchar aquí para ver o artigo orixinal de José Vicente.

«El recorrido en verano en la motonave Ría de Arosa, que hace el servicio entre los puertos de Ribeira y Vilagarcía, a la mañana temprano de frente al crepúsculo, es algo tan maravilloso que deja un indeleble recuerdo en la memoria. (…) De los muchos pueblos que asoman sus airadas siluetas, mirándose al espejo de las aguas del edén arousano, destaca Palmeira. Apenas separada dos millas de Santa Uxía y situada sobre un pequeño espolón, rodeado de agrestes islas y arrecifes y mirando hacia la boca de la ría, se presenta esbelta sobre el paisaje de una pronunciada loma. Lucen la blancura de su casero, en abigarrado montón la población de orillamar y, por las laderas, en escalonada y nutrida armonía, los modernos chalés y soberbias galerías, edificado todo con el fruto de la navegación nacional y el oro de ultramar».

«Frente al puerto, en el centro de la villa y casi por encima de la densa edificación de la ribera, se levanta sobre un pequeño promontorio la monumental iglesia parroquial que, según la leyenda popular, fue transportada desde la señorial aldea de Figueirido, por el gremio de mareantes que formaban mayoría sobre los campesinos. (…) La colocaron sobre una cima pétrea, mirando al baluarte del puerto».

«Galonan el casco de la hechicera villa, las preciosas playas de A Corna por el norte y la de Coroso por el sur, donde las ninfas de casa y las forasteras, chapuzan en el agua y toman baños de sol en verano, y las olas juguetonas se divierten en la orilla, cuando son espoleadas por los vendavales en el invierto. El policromado conjunto, no puede ser más pintoresco».

«Así, con la personal y florida prosa de Pandilla de Eminencias, describe el gran Saavedra su pueblo de adopción; amén de hablar en otras páginas de Aguiño, de Ribeira o de A Pobra. Ejemplo de hombre hecho a sí mismo, el señor Pepe Saavedra tuvo que abandonar la escuela a los 12 años, para, con tan solo 18, convertirse en el mejor y más honrado carpintero de ribera que ha conocido la comarca.»

 

AQUÍ VOS DEIXO ALGÚN ARTIGO DE PRENSA DE INTERÉS: