José Antonio Pérez Fernández

José Antonio Pérez Fernández (Palmeira, 1966).

Historiador e profesor de ensino secundario.

          Comezou os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago en 1984, obtendo a licenciatura de Xeografía e Historia en 1989, na especialidade de Historia Contemporánea. Estando na Universidade formou parte do primeiro grupo de investigadores que puxo en marcha o proxecto de Historia Oral de Galicia (HISTORGA), baixo a dirección de Isaura Varela e Marc Wouters. Foi entón cando comezou as súas investigacións sobre a guerra civil e a represión franquista nos concellos de Ribeira e da Pobra do Caramiñal. Froito delas publicou o artigo «Ribeira e Pobra do Caramiñal» no libro coordinado por Marc Wouters 1936. Os primeiros días (1993). Máis tarde ampliou os estudos nesa liña de investigación e presentou ponencia nas Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son (2004), publicada nas Actas sobre esas xornadas baixo o título de «Guerra Civil e represión nos concellos de Pobra do Caramiñal e Ribeira«, e foi conferenciante nos actos do Ano da Memoria  en Ribeira (2006), conferencia que quedou recollida no artigo «Dez días de Xullo» no libro Memorias de Ribeira. Tamén colaborou no anuario 2006 de Barbantia co artigo «Voces da memoria: Ribeira da II República á Guerra Civil«. Colaborou tamén co artigo «A historia» na publicación Luces da Cidade editada polo concello de Ribeira co gallo da celebración do centenario da concesión do título de cidade. A súa publicación máis aclamada é o libro Diarios de Julio Silva (xuño, 2019), un barbeiro, escritor e sindicalista que foi fusilado en Boisaca o 29 de xaneiro do 1937.  A historia de este represaliado saleu a luz da man de José Antonio Pérez Fernández, que recopilou as cartas escritas polo propio Julio Silva, e inclue no volumen unha introducción argumentando a súa publicación.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica lanza en novembro do 2019 o quinto cuadernillo da serie Episodios republicanos barbanzáns, Represaliadas: Lembranza das Esquecidas, libro escrito por José Antonio Pérez Fernández que saca a luz as historias de varias veciñas da comarca que foron víctimas da represión franquista de tres formas diferentes: encarceradas, multadas e rapadas.

          En 1996 obtivo a praza de profesor de ensino secundario, traballando desde entón no IES Francisco Asorey (Cambados), IES Monte Castelo (Burela) e desde o 2001 no IES Leliadoura, centro do que foi vicedirector durante 6 anos e director no curso 2013-2014.  Aquí segue desenvolvendo o seu labor docente na actualidade, como un dos coordinadores do proxecto de Seccións Bilingües.

          Ademais do seu labor como investigador e como profesor, formou parte das directivas fundadoras da Asociación Cultural Col de Betas (Palmeira, 1989) e da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza. No eido do deporte foi entrenador de baloncesto nas categorías de base de clubes de Pobra, Ribeira e Noia.