Xosé Álvarez Castrelo

Xosé Álvarez Castrelo, nado en Palmeira en 1958, coñecido para casi todos nós como Pepe Castrelo é Licenciado pola Universidade de Santiago en 1982 na especialidade de Historia Moderna. Actualmente é profesor no I.E.S. de Celanova (Ourense).

Ten publicado un feixe de artigos na prensa como as diversas aportacións na Voz de Galicia dende o 1981, destacando as series de 1993 e 1994: Riqueza interna da Igrexa de Palmeira, Patente de Corso en Palmeira, Testamento e mentalidade ante a morte ata o século XIX, A lenda dos Goyanes, A destrucción do Castelo de Palmeira en 1467, etc.  No Correo Gallego tamén destacamos: O apodo de magorrentos.

Ademáis Pepe escribiu artigos nas revistas Imo, A Caramecha, Apuntes para coñecelo concello, Zona marítima do Cantábrico, Faíscas, etc., e tamén ten participado en numerosas xornadas e coloquios sobre Historia de Galicia tendo sempre como referente a comarca do Barbanza.

Tampouco podemos olvidar as múltiples aportacións durante anos no noso libro das festas de Palmeira, convertíndose xa nun clásico que moita xente espera ler en cada edición e teno como un referente da historia do noso pobo.

En 1985, publicou o libro Síntesis Histórica de Palmeira 1600-1850, e no ano 2011 publica un traballo inmenso, referente para os investigadores da historia e as xenealoxías, e que todas as casas de Palmeira deberan ter: Nacer, crecer, vivir e morrer en Palmeira (1500-2000) – As Xenealoxías de un Pobo, editado por Creacións e Produccións EraDixital, S.L.

Nese mesmo ano 2011 foi o pregoeiro das nosas festas.

No ano 2022 publica o seu traballo máis recente a día de hoxe, Demografía e Onomástica Devocional en Palmeira, editado por Creacións e Produccións EraDixital, S.L. Este libro de Xosé Álvarez Castrelo é outra extensa obra de documentación histórica do autor. Centrado no pobo de Palmeira non deixa de ser un complemento de outros traballos sobre a vila aos que nos ten acostumbrados o autor. Partindo dun marco xeográfico e ecolóxico, fai un estudio moi completo da evolución da poboación dende o século XI tratando os ciclos da vida, movementos migratorios, e rematando ca formación da onomástica e a devoción a través da historia.  

Síntesis Histórica de Palmeira
As Xenealoxías de un Pobo
Onomástica Devocional