Escolarización en Palmeira 1700-1970 (José Alvarez Castrelo, 2002)

ESCOLARIZACIÓN E ALFABETIZACIÓN

No Antigo Réxime tanto o uso da escritura como da lectura e o saber contar realizábanse dunha forma rudimentaria. As “escolas” existentes coñecíanse co nome de “escolas de ferrado”ou “escolas privadas de temporada”, vulgarmente entendíase que cada alumno asistente debería compensar ó mestre ou “escolante” (persoa adicada a poñer escola) cun ou varios ferrados de millo ou trigo por temporada de clase, outras veces; cobraban un canon fixo por cada discípulo.En Palmeira a principios do XVIII os incentivos en conxunto do mestre representaban a cativa cifra de 24 reais anuais. Os escolantes acudían a esta actividade buscando uns ingresos complementarios cos que conseguir mitigar parte das súas estreiteces económicas. Por norma xeral os oficiantes de mestre eran campesiños, teceláns, xastres, zapateiros, etc., os cales nos tempos intermedios dos meses invernais aproveitaban para pór escola.

Os “mestres de primeiras letras”, “mestres de niños” axiña aparecen documentados como no caso de Alejandro Antonio Pérez, natural de Conxo e mestre en Palmeira en 1719, Vicente Calviño en 1752, casado, 25 anos de idade, sen fillos, xastre e “maestro de niños” veciño do lugar da Lomba (1), en 1842 localizamos a José Rugido (1790-1856) “maestro de primeras letras”, natural de Santa María de Sar e oriundo de San Pedro de Villarino,(Lugo), tiña escola no Miñoteiro., Manuel Mariño; residente na parroquia e oficiante de mestre de primeiras letras.

A “cultura” o saber, ofertado por estes ensinantes era por norma bastante limitado, o mellor sistema de ensinanza-aprendizaxe consistía na rutina a través da repetición sistemática e memorística de certos conceptos escollidos a priori, onde o neno aprendía en primeiro lugar a ler, despois a escribir-redactar rematando coa adquisición dalgunhas nocións rudimentarias de aritmética. A ensinanza memorística da doutrina relixiosa a través dos catecismos completaba o “currículum” educacional de aprendizaxe dos escolares máis humildes.

No mellor dos casos, os mestres iniciaban ós seus alumnos na fantasía da lectura por medio de “documentos notariais”, é dicir, antigos documentos conservados nas casas (partillas, compras, vendas, testamentos,etc.) entre as xentes, agás circulaba a letra impresa ,e a elo engádeselle a preferencia dos proxenitores das clases modestas porque os seus fillos aprendesen a ler en materiais que máis adiante, por se acaso, lles farían falta comprender, en suma; entrenarse para saber.Outro material asequible era a “Cartilla”, texto que a mediados do XVIII costaba 4 marabedis, e aportaba: un abecedario, un silabárico, a primeira aplicación práctica numérica, a ensinanza das oracións máis sinxelas xunto con algúns rudimentos de Doctrina cristiá e a táboa Pitagórica (2).

O calendario e horario de clases reducíase ós meses invernais cunha sesión diaria prolongada desde as once da mañá ata a posta do sol (3). Non había locais específicos adecentados como propias escolas, os recintos onde se puña escola eran cuartos ou “alboios” pequenos, sen unhas mínimas condicións hixiénicas e con graves carencias de aillamento térmico, o mobiliario propiamente escolar non existía, empregábase todo aquel corpo que fisexe a función de mesas, cadeiras e bancos; ás veces, os propios alumnos levaban os banquiños da casa e practicaban a escritura enriba dunha táboa sostida sobre as súas pernas.(4)

En canto ós índices estimados de alfabetización , do estudo de 230 firmas procedentes das sinaturas compendiadas nos libros de cofradías do Santísimo e San Pedro (5), resulta que entre 1730 e 1845: presbíteros, fidalgos e comerciantes saben asinar todos eles, o resto de mordomos integrados maioritariamente por mariñeiros e labregos secuencian cifras positivas un 48,1% que saben asinar fronte a un 51,8% que declaran “no lo hacen por no saber”.

(1)-A.R.G.: Interrogatorio…….fol.26. Leg.2121.

(2)- SANZ GONZÁLEZ,M.: Alfabetización y escolarización en Galicia a fines del Antiguo Régimen. Obradoiro Historia Moderna.Nº 1.1992. pax. 230-231.

(3)- DE GABRIEL,N.: Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900) A Coruña. 1990 pax.162.

(4)- DE GABRIEL,N.: Escolantes e escolas de ferrado.Vigo.2001.pax.91. “Nalgúns lugares os propios nenos levaban un banquiño pequeño de usos múltiples, pois servía tanto para sentarenxe como para practicaren a escritura.”

(5)-ALVAREZ CASTRELO,J.: Síntesis……Ob.cit. pax.147.

No canto do remate do primeiro tercio do século XIX, creánse as escolas temporais públicas incompletas.

En 1838 cos moderados no poder, publícase un Regulamento de “Escuelas Públicas de Instrucción Primaria Elemental”, no seu artigo 17 decía:

“En las poblaciones que por falta de recursos no fuese posible establecer escuela elemental completa se procurará establecer una incompleta, donde se enseñen las partes más indispensables, como leer, escribir y doctrina cristiana por la persona que preste este servicio, tenga o no título de maestro, si no lo desmerece por sus costumbres”

En 1847, outro Regulamento moi parecido ó anterior, no artigo 33 explicitaba que cando as distancias e o terreo accidentado o aconsellen:

“…….se podrá establecer que los maestros se trasladen por meses o temporadas a cada una de éstas poblaciones”

En suma, as escolas públicas incompletas eran en gran medida herdeiras das escolas privadas, o único cambeo era a forma de pago. Nas particulares o ensinante acordaba directamente con cada pai o estipendio a recibir, ben fose; en especie ou en efectivo. Nas públicas, os concellos faranse cargo do pago en metálico ós mestres, é decir, o mestre era contratado por unha cantidade global a repartir entre os veciños, pero intervindo a autoridade pública.A lei Moyano (9 setembro 1857) puxo un pouco de orde respecto da lexislación anterior propugnando:

“……….la enseñanza pública sería gratuita para aquellos niños cuyos padres tutores o encargados no puedan pagarla, mediante certificación expedida al efecto por el respectivo cura párroco y visada por el Alcalde del pueblo.”

A remuneración económica era escasa, xeralmente o soldo non pasaba de 250 pesetas anuais. A profesión estaba en mans dos homes, a partir de 1883 coa publicación do Real Decreto do 5-X-1883, artigo 9º, darase entrada ás mestras nas escolas mixtas incompletas.Mestras e mestres carecían de estudos profesionais ofrecendo un nivel precario para impartir ensinanza cunhas mínimas garantías, para estar ó fronte de escolas incompletas era preciso contar cun certificado de aptitude. A proba, o exame, podía facerse na Escola Normal, e habilitaba para ocupar calquera escola existente da provincia á que se aspirase.(6).

¿A que idades se ía á escola?, segundo o citado Regulamento de 1838 podían acceder ás escolas públicas os nenos de 6 a 13 anos. A Lei Moyano estipulaba a obrigatoriedade da ensinanza desde os 6 ós 9 anos, pero unha cousa son as leis e outra ben distinta a realidade, así que era frecuente encontrar abundantes nenos menores de 6 anos asistindo á escola xunto cunha morea de maiores de 9 anos.

(6)-DE GABRIEL,N.: Escolantes e escolas de ferrado.Ob. cit. páx. 68 “Dispomos de tres exames realizados na Escola Normal de mestras da Coruña en 1880.Consistían en escribir o alfabeto maiúsculo e minúsculo copiar ao dictado un breve fragmento; facer exercicios das catro contas; unha proba oral sobre as materias propias do ensino primario; exercicios prácticos de labores; e unha proba de “sistemas y métodos en la escuela práctica” que seguramente consistiría nunha clase práctica na anexa á Normal.”

Nas escolas elementais incompletas as materias impartidas eran parecidas ás formuladas nas escolas privadas de ferrado circunscribíndose á doutrina cristiá, ler, escribir, aritmética e labores no caso das nenas. Nas escolas elementais completas as ensinanzas obrigatorias impartidas comprendían lectura, escritura, doctrina cristiá e nocións de historia sagrada, principios de gramática e ortografía castelá, nocións de agricultura, aritmética, sistema de pesas medidas e moedas, industria e comercio; sen embargo, a legalidade ía por un lado e a realidade por outro, xa que logo, con relativa frecuencia se prescindía, entre outras, dalgunhas nocións de agricultura, comercio, ortografía e Historia sagrada.

Noutra orde de feitos, compre subliñar, que desde mediados do século XIX en adiante pouco variaron as condicións dos locais destinados a facer escola , seguía ensinándose preferentemente en edificios particulares alugados polo Concello, ou de modo inusual, cedidos de forma altruista por algún burgués acomodado, situación que acontecía en 1874 cando D.José Crusat deixaba desinteresadamente unha vivenda da súa propiedade coa finalidade de impartir ensinanza escolar( estaba situada na Arrochela, actual casa de Manuel Villa), ás veces, eran os propios mestres os encargados de buscar albergue para a escola, en fin, unha odisea. O día 15 de agosto de 1887 podía lerse no Magisterio Gallego a situación de penuria vivida na escola femenina de Palmeira:

“La casa escuela destinada por el Ayuntamiento en Palmeira tiene, aquélla o sea el salón de clase 5 metros de largo por 4 y medio de ancho, y 2 y medio de elevación. La maestra que es una excelente profesora tuvo 100 niñas matriculadas que no sabemos cómo se colocaban en tan reducido local, tanto que el inspector prohibió que se admitieran más niñas en vista de esto. Hoy hay matriculadas 90 y treinta y tantas que esperan y esperarán en vano por recibir la educación primaria..” (7).

Se as dimensións dos locais eran paupérrimas e a colocación do escaso mobiliario dificultosa, as necesidades materiais tampouco ían por mellor camiño, se a iso lle engadimos humidades e deterioros nos tellados ,solos e paredes, o cóctel parece estar servido, situación que se comproba o 23 –IX-1886 cando o mestre da escola pública elemental de nenos de Palmeira llo comunica ó rector:

“Otro gravísimo inconveniente existe, y es que todos los objetos escolares como carteles, mapas y cuadros, la humedad y el polvo muy pronto los deterioran, teniendo por esta causa que recoger todos los cartelarios y guardarlos en el armario.”

En canto ós docentes, en 1863 anotamos como mestre de Instrucción Primaria en Palmeira a D.Ignacio Martínez, de 24 anos de idade, natural de Sanxenxo e casado ese mesmo ano con Doña Amalia Varela Mariño natural desta. En 1872 asiste como profesor de Instrucción Primaria D.Gregorio Sánchez Triñanes, natural de Boiro, casado con Doña María Vázquez Araujo, natural de Rianxo, era fillo de D.José Ramón Sánchez, cirurxian e de Doña Gabriela Triñanes, vecinos de Boiro, os pais da muller eran D.Manuel Vázquez Araujo, Licenciado en Medicina e Doña Benita Seco, ambos de Rianxo. D.Gregorio e Doña María, vivían no barrio da Plaza e en Nadal de 1872 bautizan ó seu primeiro retoño poñéndolle de nome Manuel Vicente José Sánchez Vázquez.

Continuando coa singradura escolar no primeiro tercio do século XX a situación case non mostra visos de cambeo, xa que logo, en 1929 nas páxinas do diario El Pueblo Gallego podía lerse:

“ En Palmeira las escuelas que hay están asentadas en casas destinadas a vivienda, son todas privadas y ninguna del Estado”

O día 14 de abril de 1929 dun artígo publicado en domingo polo mesmo diario arriba mencionado titulado, “ Mejoras Locales”, entre liñas aparecía a mención:

“……el grupo escolar no se ven por ninguna parte..”(8).

(7)-El Magisterio Gallego, 15-8-1887.

(8)-El Pueblo Gallego,: Domingo 14 de abril de 1929, pax.: 23.

O martes 28 de xuño de 1932 a teima polas escolas continuaba sen resolverse e estaba a orde do día, na páxina 13 do medio de comunicación citado anteriormente podía seguirse a través do artígo titulado, La falta de Escuelas as seguintes manifestacións:

“ Mucho es de lamentar la falta de escuelas en esta villa aunque en la actualidad contamos con cuatro del Estado no son suficientes, para atender adecuadamente a la enseñanza de un censo escolar que actualmente alcanza la elevada cifra de 50 niños y 50 niñas. En tiempos dela Monarquía las autoridades que entonces regían los destinos de nuestro municipio nos prometieron un grupo escolar graduado, dotado de cuatro secciones, pero como en aquéllos tiempos imperaba el caciquismo más nefasto que padeció nuestro Ayuntamiento, el centro escolar no llegó a construirse. Hoy que la corporación municipal está presidida por un hombre dotado de capacidad y cuenta en su seno con elementos conscientes del deber la opinión desearía que plantearan el problema escolar tal y como en nuestra villa lo está y recabaran de la primera autoridad local con pronta resolución. Nuestros concejales conocen muy bien los locales de las escuelas que son pocas, malas y carentes de material instructivo que es lo peor. Ahora que la República ha tomado en serio el desarrollo de la enseñanza aumentando considerablemente los medios para la difusión de la misma, están en el deber de reclamar para Palmeira un centro escolar que responda a las exigencias del censo escolar que poseemos y eliminar esos otros locales que más que escuelas son tugurios, donde ni los maestros pueden cumplir con la alta misión que la patria les encomienda, ni los niños pueden asimilar las enseñanzas.”(9).

Non será ata 1946 cando definitivamente se subasten as obras do Grupo Escolar de Palmeira, que iría dotado de 4 aulas, dúas masculinas no piso inferior e dúas femininas no superior, así e todo, estas instalacións eran escasas para acoller a tódolos alumnos, iso deu lugar a que se seguise impartindo docencia na coñecida escola do Puente, e en anos vindeiros mesmo se habilitou unha estancia nas dependencias parroquiais alcumada “escola do cura ou parroquial”. Sen embargo, ante a precariedade e desatención continuada por parte dos poderes públicos, a fundación privada da Sociedade Fillos de Palmeira, uns anos antes (1929), nacera cun nidio interese de solventar os problemas educacionais a nivel académico, e os funcionais, dotando e construindo un edificio que albergase definitivamente as escolas tan necesarias e demandadas desde sempre como así o propugnaba o seu artigo Nº 1 parágrafo, a) :

“ Constituir un patrimonio que permita la construcción de un edificio social para recreo de los socios y si posible fuese construir un Grupo Escolar de acuerdo con los adelantos modernos, en donde puedan recibir instrucción gratuita los hijos de los socios y los pobres de solemnidad pudiendo este beneficio ampliarse a todos en general cuando el fondo social lo permita y así lo entienda una asamblea a tal fin.”

Co paso dos anos o local foi edificado ,pero de escolas nada de nada, os tempos estaban cambeando. En 1972 aprobábase por parte do Concello en sesión plenaria a construcción dun novo Grupo Escolar para Palmeira dotado de 320 prazas, pero coma ocorre sempre ( las cosas de palacio discurren despacio) non verá a luz ata bastantes anos máis tarde e despois de salvar múltiples inconvenientes incluida visita a capital do Estado por parte dunha comisión.constituída a tal efecto.

(9)-El Pueblo Gallego: Artigo: La falta de escuelas. Martes 28 xuño 1932. pax.13.

Do compendio de mestres impartidores de maxisterio no primeiro tercio do século XX algúns deles acadaron gran predilección e reverencia, sobre todos, ergueuse e perdurou no tempo a figura de D.Domingo Lorenzo Mene Trabadell, home de firmes e claras conviccións republicanas, impartía clase na escola Nº 1, hoxe en día a rúa que vai desde o Vilar ata o Grupo Escolar leva “in memoriam” o seu nome. O maxisterio deste home coincidiu coa etapa republicana, como consecuencia respecto de anos anteriores empezaron a chegar máis cartos destinados á docencia, e maiores dotacións en materiais xunto coa supresión da obrigatoriedade da formación relixiosa.

O artígo 44 da Constitución de 1931 prescribía:

“…. la enseñanza primaria será gratuita y obligatoria”…..o parágrafo terceiro sinala: “la República legislará en el sentido de facilitar a los españoles económicamente más necesitados el acceso a todos los grados de enseñanza, a fin de que no se halle condicionado más que por la actitud y la vocación.”

D.Lorenzo casou na Escravitude coa tamén mestra coruñesa nesta vila Doña Carme Estévez Penas rexentadora da escola Nº 2. Os outros ensinantes da época eran D.Agapito Herrera, que estaba á fronte da unidade Nº 3 e Doña María Estévez da Nº 4.Do traballo desenvolvido por D.Lorenzo e os seus colegas, dan crédito as referencias periodísticas acaecidas no ano 1935:

“ Yendo de paso por la inmediata parroquia de Palmeira tuvimos la oportunidad de visitar sus escuelas a excepción de la Nº 3 de niños que estaba cerrada, en las cuales se exhibían los trabajos ejecutados por los chicos durante el curso, llamándonos muchísimo la atención todos ellos. Pero como cosa excepcional debemos recalcar el celo observado en la Nº1 de niños regentada por D.Domingo Lorenzo Mene Trabadell en la que detenidamente comprobamos que hay niños privilegiados y de unas ondiciones artísticas inconcebibles. Allí vimos y hemos admirado tres diplomas hechos por los mismos alumnos de los que se destacaban en primer lugar uno firmado por Andrés Pérez Mariño, orlado en grecas curvas, encabezado con un escudo nacional, al que se enlazaban dos palmas admirablemente imitadas, esquinado con cartabónicos trazos y testificado con caracteres góticos a todo color, en segundo lugar otro de orlas curvilíneas también iniciado con un escudo en delicioso colorido, texto en letra original y firmado por Manuel Ageitos Vilas, y en tercer lugar otro precioso por lo sencillo; orlado anguloso de enlace e iniciado con las banderas tricolor y celta en posición separada y texto de letra formada original del autor José Vizcaya Paz. A parte de esto estaban xpuestas numerosos cuadros pintados al óleo y muchísimos dibujos de desarrollo escolar a base de distintos temas en cuartillas que más parecían trabajos de impresión caligráfica. Si bien es cierto que nuestros laudos van dirigidos exclusivamente al citado maestro no es menos cierto que en las escuelas regentadas por Doña Carmen Estévez. Doña María Estévez y Don Agapito Herrera, hemos encontrado también, preciosidades que de gran gusto describiríamos si dispusiéramos de espacio, pero que poseen un mérito en el que se trasluce un interés por la enseñanza acaso poco frecuente en ciudades y capitales de importancia que están vigiladas por la Inspección consecutivamente.”

Os traballos dos rapaces foran expostos ó rematar o curso. Naqueles tempos as vacacións estendíasen desde o 18 de xullo ata o 30 de agosto de cada ano escolar, atendendo á Real Orde do 6 de xullo de 1888, norma que seguía estando vixente nos anos trinta do século XX.Insistindo un pouco máis profundamente

(10)-El Pueblo Gallego: Artículo: Las exposiciones escolares. Domingo 21 julio 1935.

Dicir que o calendario escolar sufrira desde 1825 modificacións puntuais, así en 1825 o Regulamento especificaba:

“ Todos los días serán de Escuela, sin más asuetos que los siguientes: Los Jueves por la tarde de todas las semanas en que no ocurriere fiesta de precepto, las vacaciones de Navidad desde el veinticuatro de Diciembre hasta el seis de Enero, Lunes y Martes de Carnestolendas y el Miércoles de Ceniza por la mañana, los diez días desde Domingo de Ramos hasta el tercero de Pascua de Resurrección, los feriados que lo fueren de precepto, los días del Rey y la Reina, todas las tardes de la canícula, y en el mes de Agosto los días de San Justo y Pastor, de San Casiano y San José de Calasanz”.(11)

En 1838 engadiránselle algunhas pequenas variantes.(12).En 1855 a Real Orde do 23 de maio mostraba un período lectivo con recortes nas vacacións de Nadal e Semana Santa e suprimíase do calendario escolar o descanso das xornadas de tarde dos xoves. O resultado foi que agás domingos e festivos, días de festas nacionais, oito días por Nadal e sete por Semana Santa, o resto de xornadas anuais eran hábiles a efectos escolares non existindo vacacións estivais. A Lei promulgada en 1887 modificou o artigo 10º da anterior de Claudio Moyano de 1857, dispondo que as escolas públicas gozarían de 45 días de vacacións anuais. Estando así as cousas no campo da Educación, xorde o levantamento militar do 36,Dase paso en menos de nada a, tempos de regresión, envexas ,impass, medo , silencios, asentimentos, denuncias e edulcoracións relixiosas que invadirán e aprisionarán o espertar da cultura, honradez e libertade.

Co estalido da Guerra Civil e buscando a depuración dos adeptos republicanos, desde o día 19 ó 25 de agosto de 1936 empézanse a pedir informes referidos á actuación dos mestres no exercicio das súas funcións por parte do Delegado Militar de Instrucción Pública de Santiago:

“ Informe sobre la conducta pública, privada y escolar de los Maestros de este Distrito, y adjunto tengo el honor de enviarle treinta y dos fichas correspondientes a otros tantos Maestros. La tardanza se debió a ser muchos los maestros de este Distrito y que se hallan ausentes en vacaciones….”.(13)

O día 1 de setembro de 1936 mándase un telegrama notificándolle o cese ó mestre da escola Nº 3 de Palmeira rexentada por D.Agapito Herrera, con posterioridade e coa mesma intención a Comisión Depuradora Provincial solicitaba o traslado administrativo fóra da vila de Palmeira para o matrimonio de mestres formado por D. Lorenzo Mene Trabadell e Dña. Carmen Estévez Penas, a pesar de que a corporación municipal lle pedise en marzo de 1938 ó Ministerio de Educación: “el reintegro de ambos a sus antiguos destinos por su encomiable labor escolar”.D. Lorenzo reunía unhas condicións excepcionais, tratábase dunha persoa cun elevado concepto do maxisterio. Adicábase vehementemente á función docente e percuraba a dinamización cultural do lugar onde exercía.Os que o coñeceron din, que se interesaba pola renovación pedagóxica. Co tempo consiguiu prestixio e autoridade entre os veciños pasando a converterse nun dos eixos referenciais deles mesmos.Hoxe en día, en gratitude a súa laboura, hai instituído un premio escolar que leva o seu nome e que se concede tódolos anos ós alumnos máis sobranceiros do Colexio Público de Palmeira.

(11)- DE GABRIEL,N: Leer…….Ob. cit.páx.275

(12)- “Perda de carácter lectivo que ata entón tiñan as tardes de canícula”

(13)- A.M.R.: Notificacións de Agosto de 1936.

Coa chegada do franquismo a vida dos mestres vai cambiar, así coincidindo co Segundo Ano Triunfal do Réxime e seguindo directrices da circular de Instrucción Pública do 21 de marzo da Xefatura do Servicio Nacional de 1ª Ensinanza publicada pola inspección no Boletín Oficial da provincia subliñábase o feito de:

“……entre cuyos extremos se establece la obligatoriedad de que aquellos (maestros) han de asistir a misa con sus alumnos todos los domingos y días de precepto.”

Non sabemos de veras se esta disposición tivo aplicación directa e efectiva, ou máis ben actuou como referente nominal de control ideolóxico sobre mestres e alumnos.O que si é certo e que as cousas cambearon, ¡e de que modo!, leamos o referido ó capítulo de Formación Familiar e Social contido nunha famosa Enciclopedia:

“La escuela es la casa común de todos los niños, y su jefe es el Maestro o la Maestra. Después de nuestros padres y hermanos, los Maestros deben ser para nosotros las personas más queridas de este mundo, pues constantemente se desvelan para educarnos e instruirnos, a fin de que el día de mañana podamos ganarnos la vida con decoro. En correspondencia a sus desvelos, debemos ser puntuales, limpios, atentos, aplicados y cariñosos. ¡Cuánto sufren algunos Maestros al ver que sus niños no comprenden ni aprecian sus trabajos. Cuando el Maestro nos manda hacer algo, nos lo manda por nuestro bien; cuando nos castiga, también lo hace por nuestro provecho. No seamos, pues, “gruñones”. No critiquemos jamás los actos de nuestro Maestro, y seamos en todo ejemplos vivos de niños correctos y bien educados. ¡Cuántos lamentan hoy el no haber aprovechado bien las valiosas lecciones que su Maestro les dio!.(14)

Xeracións seguintes de mestres nacionais foron entre outros: Doña Dolores Turnes, Don Justo, Doña Juanita Santiago Castiñeira (+1968), Don José Ignacio Lojo Lojo (+1982). Nos anos sesenta: Doña María, Don José Lustres Cascallar, casa o 27-6-1950 con Dña Josefa María Dolores Arredondo Colomer, nos primeiros días de xullo de 1936 fora nomeado: “censor do centro telefónico de Ribeira, podía intervir as conferencias e outros asuntos relacionados con ese centro. Don Manuel Domínguez Fernández, Don Manuel Vicente Pérez Sampedro,estes dous últimos eran alumnos aventaxados en 1932,xa que logo, acadaban fenomenais notas na Normal de Santiago en data de 28 de xuño. (15).

Mestres e mestras de escolas privadas, herdeiras das escolas primixenias de “ferrado” foron entre outras, Dña Juanita Fernández e Dña María Teresa Rego Maneiro, natural de Xuño e casada en Palmeira o día 3-1-1935 con Enrique Antonio Paisal Pérez, ambas posteriormente acadarían o nomeamento como mestras nacionais. Quen non lembra nestas escolas os silabarios, as raias primeiras, segundas, terceiras, El Primer Manuscrito, Mis Segundos Pasos, números, contas,táboas multiplicar, dividir, regras de tres, problemas simples, en fin de todo un pouco que para moitos de nós convirte ó dito popular: “ E de ben nacidos, ser agradecidos” nunha débeda impagable para con elas.

(14)-Enciclopedia de Segundo Grado Álvarez. Valladolid.1965.páx.477

(15)- El Pueblo Gallego. Martes 28-VI-1932.páx.13