Ana María García López

Ana María García López (1994). Veciña de Palmeira, apaixoada da terra, graduada en Enxeñaría Química cun mestrado en Enxeñaría Ambiental.

Actualmente é consultora e divulgadora de sostibilidade (aínda que tamén xoga a ser artesá vendendo as súas pequenas obras en madeira). Traballa pola súa conta no seu proxecto propio Anacos Sostenibilidad (www.anacossostenibilidad.com) e recentemente publicou no ano 2022 o libro “A tiempo”, unha novela curta de ficción climática inspirada no pobo de Palmeira.

Aínda que non escribira literatura de ficción ata agora, a escritura forma unha parte importante do seu traballo de divulgación e sempre ten entre mans diversos proxectos de tipo creativo. “A tiempo” é precisamente un deles. A súa primeira pequena obra de ficción climática, que según a propia autora, escribindo e escribindo, convirteuse en una novela cada vez máis cerca da realidade, e combina a perfección a súa paixón pola sostibilidade co seu lado máis creativo.

Un traballo de moi amena e fácil lectura para todos os públicos que se desenvolve nun pequeno pobo de costa, inspirado en Palmeira. Unha lectura que engancha dende o primeiro capítulo e ten uns contidos tan entretenidos como educativos, leccións de vida, aventura, esperanza, con guiños continuos á nosa cultura, pasado, presente e futuro. Literatura simple escrita de forma socialmente inclusiva que dou moito que falar no seu estreno, con presentacións na Sociedad Hijos de Palmeira, no Centro Lustres Rivas de Ribeira, no Auditorio Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, e no colexio CEIP de Palmeira, do que é ex-alumna.




        

Pinchar no seguinte enlace de La Voz de Galicia para ler o artigo sobre o libro e a presentación en Ribeira do 1 de decembro do 2022.

ANA MARÍA GARCÍA SE INSPIRA EN PALMEIRA PARA CREAR UNA NOVELA SOBRE EL CAMBIO CLIMÁTICO.

E aquí podemos ver a noticia da presentación do Canal Barbanza TV: PRESENTACION LIBRO A TIEMPO

Ou unha entrevista da Radio COPE das Rías neste enlace:  Herrera en COPE de las Rías 02/03/2023

 

O LIBRO pódese comprar en EraDixital en Palmeira, e tamén na Tenda “Online” de ANACOS SOSTENIBILIDAD (www.anacossostenibilidad.com)

 Pincha aqui para ir directamente á Tenda.

Para ver unha transcripción de unha das presentacións do libro, con audio incluido da lectura do primeiro capítulo, pinchade aquí.

A noticia da presentación no Colexio de Palmeira do Diario de Arousa:  El CEIP de Palmeira acoge la presentación del libro «A Tiempo» de la exalumna Ana María García López