O Rueiro

O Rueiro dos fillos de Palmeira

 

A Asociación Cultural “O Rueiro dos fillos de Palmeira”, xorde no ano 2001, formado por un grupo de socios da Sociedade de Instrucción Hijos de Palmeira.

Un grupo de persoas que se uniron cunhas inquietudes culturais e de asociacionismo en pro de recuperar e conservar as cancións populares da nosa bisbarra e comarca.

O obxectivo primordial era lograr que a xente do pobo de Palmeira, principalmente a xuventude, coñeza as tradicións populares do noso pobo e as cancións que tradicionalmente se cantaban nos seráns e nas fiadas da nosa comarca.

Nas súas propias palabras :

«A xuventude non debe só asimilar os froitos da cultura dos seus pais, senón que debe eleva-la cultura a novas cimas ás que non chegan as xentes das anteriores xeracións.»

«Pois, o noso propósito primario de cultura á facer da nosa mente un lugar de esparcimento para os ratos de ocio.»

«Ós compoñentes do grupo gústanos a música tradicional galega, tanto é así que moitas veces nos xuntamos, dá igual o lugar, e como nos gusta cantar en directo comezamos a quentar o ambiente coas nosas cancións.»

Noa ano 2011 o grupo de cantareiras-pandereteiras estaba composto por trece persoas.

«Queremos comunicar a todas aquelas persoas que sintan a música tradicional galega, o canto desenfadado, estamos abertos a que ingrese no grupo.»