XALUNDES
A Asociación Cultural “Xalundes” de Palmeira xorde polo interese dun grupo de nais e pais de crear unha actividade lúdica onde os seus fillos e fillas aprendan algo sobre a cultura galega e o seu folclore. Desta maneira fórmase no ano 2009 o grupo infantil de pandereteiros e pandereteiras “Xalundes”. A partir de aquí tamén se empezan a reunir un grupo de pandereteiras veteranas coa intención de tocar e pasalo ben. Dirixido por Lucía Fernández Parada, o grupo contaba no 2011 con 13 pequenos e 5 maiores, e tiñan o seu sitio de ensaio no centro de ensino “Xermolando” na Rúa do Monte.
Os nenos e nenas reuníanse regularmente para coñece-lo instrumento, aprender a tocalo e ao mesmo tempo facer recolleitas pola nosa zona. Así créase un repertorio particular de muiñeiras, xotas, etc., que son interpretadas polo grupo en diferentes lugares de Galicia. Nesta liña continúan para, en definitiva, divertirse.