LIBROS, MÚSICA, E OUTRAS COUSAS…
A iniciativa Creacións e Produccións EraDixital nace inspirada pola necesidade de acercar uns medios de producción e publicación a aquela xente a que lle sobra creatividade pero non ten unha forma viable de dar a coñecer as súas obras.
Creacións e Produccións EraDixital é unha iniciativa de EraDixital, S.L. Arranca nos anos 2008-2009 coa publicación do disco “InVerso” de Tevra, grupo destacado de rock alternativo na comarca do Barbanza. Grabado no 2008 pero distribuído ao público no ano 2009.
A viaxe continúa coa publicación da novela “Coiteladas na alma” nese mismo ano 2009 de Xosé Plácido Betanzos García, escritor destacado e premiado de Palmeira con moi boa acollida en toda a comarca do Barbanza.
Posteriormente, no ano 2011, publicouse a obra “Nacer, crecer, vivir e morrer en Palmeira (1500-2000). As xenealoxías dun pobo.”, unha extensa obra de documentación histórica de Xosé Álvarez Castrelo.
No ano 2013 EraDixital participou como mecenas e aportou axuda na loxística do segundo disco de Tevra “Líbido”. Un proxecto coordinado polo mismo grupo con unha campaña de Crowdfunding (Verkami).
Despois de uns anos sin actividade, no 2019 EraDixital en colaboración ca Asociación Cultural Alberto Romero edita e saca a luz o libro “Relatos, Contos Ananos, Mitos e Vergoñas” de Alberto Romero Bermo. Unha selección de traballos do autor como homenaxe a súa memoria despois do seu pasamento no ano 2015.
Estas obras están dispoñibles nas nosas oficinas e tenda en Rúa do Vilar 65, 15959 Palmeira, A Coruña. Facemos tamén envíos a calquera punto no que te encontres. Contacta por correo electrónico a info@eradixital.com para ter máis información.