BookCrossing (Intercambio de libros)
Como estamos comezando a aventurarnos no mundo de BookCrossing, agradecemos que cada vez que collades un libro, deixedes outro no seu lugar, para asegura-la continuidade deste proxecto e dar oportunidade a máis xente de formar parte da nosa biblioteca mundial. Actualmente compartimos libros en castelán e inglés na Academia Future Perfect, e en galego, en EraDixital. Temos á vosa disposición etiquetas prenumeradas para os vosos libros, pero tamén podedes consegui-las e imprimi-las desde a páxina web oficial do movemento BookCrossing: www.bookcrossing.com. Desexamos que participedes e que disfrutedes con este proxecto. Visita: www.bookcrossing.com e www.bookcrossing-spain.com Busca a EraDixital en BookCrossing.com. |
|
|
Qué é BookCrossing? É a Biblioteca Mundial. É a festa da literatura e un lugar onde os libros cobran unha nova vida. BookCrossing é o acto de dar a un libro unha identidade única, de maneira que, como o libro pasa de lector a lector, se poida seguir e interconectar aos seus lectores. Agora mesmo hai 941.630 BookCrossers e 8.089.808 libros viaxando por 132 países. A nosa comunidade está cambiando o mundo e as vidas de libro en libro. Cal é a nosa misión? É moi sinxelo: conectar a personas a través dos libros. Como o facemos? Etiqueta. Comparte. Segue. Inspira nova vida aos libros en vez de deixar que os teus vellos favoritos collan pó – pásallelos a outra persoa. O noso arquivo on-line e o sistema de seguemiento permiten aos membros de BookCrosing conectarse con outras persoas, escribir e facer reseñas literarias nos diarios dos libros e negociar…. e seguir como os seus libros cambian vidas a través do proceso de “lectura e liberación”. As persoas usuarias de BookCrossing poden etiquetar e segui-los libros individualmente. Para iso simplemente teñen que escribir nos seus libros o cógido BCID (Número de Identificación de BookCrossing). Cada BCID é único para un libro – cando sexa rexistrado na web, é fácil segui-lo libro e escribir no sue diario. Unirse e participar é gratis. Así que quitémosllelo pó aos libros – ¡e a ler e liberar! |