Creacións e Producións EraDixital…

Aviso Legal

AVISO LEGAL E POLÍTICA DE PRIVACIDADE

TITULAR DO SITIO WEB

Este Sitio Web é propiedade de EraDixital, S.L. de Palmeira (Ribeira), con CIF: B70075833.

Dentro da expresión “Sitio Web” compréndense -con carácter delimitativo pero non limitativo- os datos, textos, gráficos, imaxes, animacións, creacións musicais, vídeos, sons, debuxos, fotografías e outros incluídos no mesmo, e, en xeral, todas as creacións expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible con independencia de que sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual de acordo ao Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN DO SITIO WEB

O acceso a este Sitio Web é responsabilidade exclusiva do usuario, e supón aceptar e coñecer as advetencias legais, condicións e termos de uso contidos nela. O usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique tanto na cumprimentación dos formularios de rexistro como en calquera outro momento posterior, sendo da súa responsabilidade o actualizar a información suministrada, de tal forma que quede reflicta a súa situación real. O usuario será responsable da inexactitude ou falta de veracidade da información aportada.

O usuario comprométese á correcta utilización do Sitio Web, os seus contidos e utilidades que se lle proporcionen conforme á lei e ao presente aviso legal, quedando obrigado ao uso de todos os seus contidos para fins lícitos e non prohibidos, que non infrinxan a legalidade vixente e/ou poidan resultar lesivos dos dereitos lexítimos dos titulares do Sitio Web ou de calquera terceiro, e/ou que poidan causar calquera dano ou perxuízo de forma directa ou indirecta.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL

O usuario obrígase a respectar os dereitos de propiedade intelectual de EraDixital, S.L.  O uso ou a concesión de acceso a este Sitio Web non comportan o outorgamento de dereito algún sobre as marcas, nomes comerciais ou calquera outro signo distintivo que se utilicen na mesma.

Quedan prohibidas as descargas deste Sitio Web para fins comerciais, polo que o usuario non poderá explotar, reproducir, distribuír, modificar, comunicar públicamente, ceder, transformar ou usar o contido deste Sitio Web con fins comerciais.

Asimesmo, en virtude do establecido neste Aviso Legal, queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos deste Sitio Web sen autorización expresa dos autores e sen que poidan entenderse cedidos ao usuario por acceso á mesma.

EXENCIÓN E LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE DE ERADIXITAL, S.L.

EraDixital, S.L. queda exenta de calquera tipo de responsabilidade por danos e perxuízos de toda natureza nos seguintes casos:

Pola imposibilidade ou dificultades de conexión á rede de comunicacións a través da que resulta accesible este Sitio Web, independentemente da clase de conexión utilizada polo usuario.
Pola interrupción, suspensión ou cancelación do acceso ao Sitio Web, así como por disponibilidade e continuidade do funcionamento do sitio ou dos servizos e/ou contidos do mesmo, cando isto se deba (i) ben á interrupción do servizo por mantemento técnico da web, (ii) ben a unha causa allea ao ámbito de control de EraDixital, S.L. xa proveña directa ou indirectamente desta.
Da calidade e velocidade de acceso ao sitio e doutras condicións técnicas que debe reunir o usuario coa fin de poder acceder ao sitio e aos seus servizos e contidos.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

EraDixital, S.L. obrígase a cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais contida no Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e demais normas que a complementen e desenvolvan.

Os datos de carácter persoal fornecidos polo usuario nos formularios que cumprimente serán tratados de forma automatizada e incorporados a ficheiros de datos persoais de EraDixital, S.L. Os datos persoais serán exclusivamente utilizados para o fin exposto no formulario de recollida de datos.

En todo momento o usuario poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e de cancelación de conformidade co establecido no Regulamento, a través da dirección:

Rúa do Vilar, 65 – Baixo – 15959 – Palmeira

UTILIZACIÓN DE COOKIES

EraDixital, S.L. resérvase o dereito de utilizar ‘cookies’ (pequenos arquivos de texto almacenados no navegador do usuario) ou outras técnicas similares cando un usuario navega polas páxinas do Sitio web. Tales cookies serán usadas por EraDixital, S.L. unicamente para asegurar que o Sitio web está a ser ben administrado e facilitar unha mellor navegación dentro do mesmo aos usuarios. En ningún caso utilizaranse cookies de terceiros ou para rastrexar os hábitos de navegación do usuario.

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas Condicións Xerais de Uso do Sitio Web réxense pola lexislación española. As partes, con expresa renuncia ao seu propio foro, sométense para a resolución de cantos litixios puidesen derivarse aos Xulgados e Tribunais de Ribeira.