Certame de Curtas


CONSULTA AS BASES e INSCRICIÓN AO CERTAME AUDIOVISUAL

(Inscrición será entre o 1 de Setembro e 31 de Decembro)

As Inscricións aínda non están abertas

Correo electrónico de contacto: info@albertoromero.org

                     

O certame audiovisual de curtas ‘Alberto Romero’ naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente as ANPAs San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.

Co apoio do Concello de Ribeira levouse a cabo a primeira edición deste certame na que participaron 19 traballos procedentes dos centros educativos do Concello de Ribeira. A entrega de premios celebrouse nunha gala con éxito rotundo e aforo completo no Auditorio de Ribeira no día 21 de xaneiro do 2017, onde de forma moi emotiva se presentou música, poesía, un monólogo e a proxección dos vídeos premiados.

Os traballos premiados da primeira gala foron:

Categoría de 5º e 6º de Primaria – 1º e 2º de ESO:
          Bágoas ocultas, 6ºA de educación primaria do CPR Galaxia.
Categoría Diversidade Funcional:
          Conversor de emocións, Centro de día e ocupacional de AMICOS.
Categoría de 3º e 4º de ESO – Bacharelato):
          Tres problemas, Alexandra Pena Bretal de 3ºESO do IES Nº1 de Ribeira.

Dado o éxito acadado e interese mostrado por toda a comunidade, na segunda edición do certame a organización decide expandir o certame á mancomunidade de Arousa Norte, como unha iniciativa pioneira no marco educativo e cultural entre os catro concellos que a forman, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

Ca colaboración da mancomunidade, os catro concellos, e 16 ANPAs da Arousa Norte, a segunda edición do Certame recolleu 33 inscricións e culminou con unha Gala celebrada no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal o 27 de Xaneiro do 2018.

Os traballos premiados da segunda gala foron estes:

Categoría de 5º e 6º de Primaria – 1º e 2º de ESO:
          Stop malos tratos (de alumnos do Salustiano Rey Eiras de A Pobra)
Categoría de 3º e 4º de ESO – Bacharelato):
          Máis che vale non ser ti (de alumnos do IES A Cachada de Boiro)
Categoría Diversidade Funcional:
          Agrios agarimos (de usuarios do CAD de A Pobra)
Categoría Libre:
          Bágoas de Ouro (de Lois Basallo Domínguez de A Pobra)

 

 

 

Organiza: Asociación Cultural Alberto Romero